ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

3.4.4. Atención ao benestar social

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36006.AM.CAMB.2.GF003.F0013.SF125

  • Título 3.4.4. Atención ao benestar social

  • Data(s) 1946-2014 (Creación)

  • Volume e soporte 63 unidades de instalación; 245 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Cambados(1836-) O concello de Cambados está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño, nas que residen preto de trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Cambados

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0013
    Subfunción SF125.
    3.4.4.Atención ao benestar social
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0964SF125Expediente de asistencia social
    S0965SF125 Expediente de prestación social
    S0966SF125Expediente de subvencións
    S0967SF125Rexistro de asistencia social
    S0968SF125Padrón de beneficencia
    S0969SF125Recibo de axuda
    S0970SF125Admisións en centros asistenciais para persoas maiores e persoas
    discapacitadas
    S0971SF125Expediente persoal e familiar xerado por benestar social
    S0972SF125Apoio aos coidadores
    S0973SF125Atención á dependencia
    S0974SF125Atención domiciliaria
    S0975SF125Concesión de bonificación ao transporte público
    S0976SF125Servizo de teleasistencia
    S0977SF125Servizo de transporte adaptado
    S0978SF125Solicitude de tarxeta de aparcadoiro para persoas con
    discapacidade
    S0979SF125Axudas e bolsas de atención á inclusión e cohesión social
    S0980SF125Informe do servizo de asistencia social
    S0981SF125Padróns e rexistro das persoas con necesidades de atención social
    S0982SF125Prestación económica de urxencia social
    S0983SF125Documento de vontades anticipadas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Cambados (Tema) (Creador)

Área de control da descrición