Fondos
S1006. Expediente de Protección civil
-
1.290/2. Documentación relativa a protección civil (1970-1985)
-
1.291/3. Expediente de creación dun grupo de voluntarios para protección civil (1995)
-
1.291/4. Solicitude de subvención para a Asociación de voluntarios de protección civil (1995)
-
4.054/1. Expediente de subvencións para Protección Civil (2003)
-
4.054/2. Expediente de subvencións para Protección Civil (2004)
-
2.753/17. Relación de locais a revisar polo servizo de Protección Civil (1990)
Expediente de Protección civil
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36006.AM.CAMB.2.GF003.F0014.SF129.S1006
Título Expediente de Protección civil
Data(s) 1970-2007 (Creación)
Volume e soporte 7 unidades de instalación; 17 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cambados(1836-) O concello de Cambados está situado na ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meaño e Ribadumia. Ocupa na actualidade unha superficie próxima ós vinteún quilómetros cadrados cun total de cincuenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas cinco parroquias: Cambados, Castrelo, Corvillón, Oubiña e Vilariño, nas que residen preto de trece mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Cambados, Fefiñáns, A Lanzada e San Tomé do Mar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos e dentro da planificación definitiva para o partido xudicial de Cambados, establécese no ano 1836, xunto cos concellos de Sanxenxo, O Grove, Meaño, Meis, Lois, Carril, Vilagarcía, Vilanova e Vilaxoán, o concello de Cambados, formado daquela por catorce parroquias, logo dunha reclamación inicial: Cambados, Fefiñáns, San Tomé, Castrelo, Sisán, Vilariño, Corvillón, Oubiña, Deiro, Ribadumia, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Moi pronto empezaron a producirse notables modificacións nesta configuración ata chegar á situación actual. No ano 1841 segréganse, para formar o novo concello de Ribadumia, as parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois. Por outra parte, a parroquia de Deiro foi agregada ó concello de Vilanova de Arousa no ano 1855. Por último desaparecen tamén como parroquias independentes as de Fefiñáns e San Tomé do Mar, integrándose na de Cambados.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cambados
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Cambados (Tema) (Creador)