Fondos
1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36046.AM.RIB.2.GF001.F0001
Título 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
Data(s) 1849 - 2018 (Creación) 1924 - (Produción) - 2020 (Produción)
Volume e soporte 204 unidades de instalación: 854 agrupacións documentais; 5061 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Ribadumia(1842-2015) O concello de Ribadumia sitúase na comarca do Salnés, ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meis, Meaño e Cambados. Ocupa unha superficie de dezaoito quilómetros cadrados cun total de trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán, nas que residen case catro mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Fefiñáns, con señorío do conde de Fefiñáns; da xurisdicción de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; da de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Vilagarcía de Arousa, con señorío do marqués de Vilagarcía. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Cambados, foi adscrito inicialmente ó concello de Cambados. Será no ano 1841 cando se cree o concello de Ribadumia, accedendo ás reclamacións das parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois, segregándose de Cambados e constituíndo un novo concello, con capitalidade no lugar de Pereiro.O concello de Ribadumia sitúase na comarca do Salnés, ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meis, Meaño e Cambados. Ocupa unha superficie de dezaoito quilómetros cadrados cun total de trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán, nas que residen case catro mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Fefiñáns, con señorío do conde de Fefiñáns; da xurisdicción de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; da de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Vilagarcía de Arousa, con señorío do marqués de Vilagarcía. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Cambados, foi adscrito inicialmente ó concello de Cambados. Será no ano 1841 cando se cree o concello de Ribadumia, accedendo ás reclamacións das parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois, segregándose de Cambados e constituíndo un novo concello, con capitalidade no lugar de Pereiro.
Institución arquivística Arquivo municipal de Ribadumia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico, así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).
Organizació
Grupo de Función: GF001. Función F0001 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións): SF0011.1.1.Formación e termo municipal SF0021.1.2. Constitución do concello SF0031.1.3.Pleno SF0041.1.4.Alcaldía. Presidencia SF0051.1.5.Xunta de goberno local SF0061.1.6.Comisións informativas SF0071.1.7.Xunta de portavoces SF0081.1.8.Comisións, Xuntas e Consellos SF0091.1.9.Grupos municipais SF0101.1.10.Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime ( Sen vixencia) SF0111.1.11.Participación cidadá SF0121..112.Creación, participación e disolución de organismos SF0131.1.13.Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos) SF0141.1.14.Políticas e programas de goberno SF0151.15.Comunicación, protocolo e relacións externas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Ribadumia (Tema) (Creador)