Fondos
S0020. Libro de actas de sesións do Pleno
Libro de actas de sesións do Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36046.AM.RIB.2.GF001.F0001.SF003.S0020
Título Libro de actas de sesións do Pleno
Data(s) 1912-2006 (Creación)
Volume e soporte 31 unidades de instalación: 35 agrupacións documentais; 2002 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Ribadumia(1842-2015) O concello de Ribadumia sitúase na comarca do Salnés, ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meis, Meaño e Cambados. Ocupa unha superficie de dezaoito quilómetros cadrados cun total de trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán, nas que residen case catro mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Fefiñáns, con señorío do conde de Fefiñáns; da xurisdicción de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; da de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Vilagarcía de Arousa, con señorío do marqués de Vilagarcía. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Cambados, foi adscrito inicialmente ó concello de Cambados. Será no ano 1841 cando se cree o concello de Ribadumia, accedendo ás reclamacións das parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois, segregándose de Cambados e constituíndo un novo concello, con capitalidade no lugar de Pereiro.O concello de Ribadumia sitúase na comarca do Salnés, ó oeste da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Vilanova de Arousa, Meis, Meaño e Cambados. Ocupa unha superficie de dezaoito quilómetros cadrados cun total de trinta e seis entidades de poboación dispersas nas súas seis parroquias: Barrantes, Besomaño, Leiro, Lois, Ribadumia e Sisán, nas que residen case catro mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían das xurisdiccións de Fefiñáns, con señorío do conde de Fefiñáns; da xurisdicción de San Tomé do Mar, con señorío do marqués de Monte Sacro; da de Vilanova de Arousa, con señorío do arcebispo de Santiago, e da de Vilagarcía de Arousa, con señorío do marqués de Vilagarcía. Xa no proceso de establecemento constitucional dos concellos, este territorio, integrado no Partido Xudicial de Cambados, foi adscrito inicialmente ó concello de Cambados. Será no ano 1841 cando se cree o concello de Ribadumia, accedendo ás reclamacións das parroquias de Ribadumia, Sisán, Barrantes, Leiro, Besomaño e Lois, segregándose de Cambados e constituíndo un novo concello, con capitalidade no lugar de Pereiro.
Institución arquivística Arquivo municipal de Ribadumia
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
Organizació
F0001 Función SF003 Subfunción S0020 Serie
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Ribadumia (Tema) (Creador)