Fondos
ES.GA.36013.AM.COV.2.. CONCELLO DE COVELO (FUNCIONAL)
CONCELLO DE COVELO (FUNCIONAL)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36013.AM.COV.2.
Título CONCELLO DE COVELO (FUNCIONAL)
Data(s) 1787-2013 (Creación) 1882 - (Produción) - 2007 (Produción)
Volume e soporte 1.541 unidades de instalación; 12.618 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Covelo(1836-2015) O concello de Covelo sitúase na comarca do Paradanta, no límite coa provincia de Ourense e integrado hoxe no partido xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 124 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en ll6 entidades de poboación e catorce parroquias: Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Santiago de Covelo, Santa Mariña de Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado e Prado da Canda. Historicamente formou parte da provincia de Tui, integrado por diferentes xurisdiccións: a de Covelo, dependente do conde de Amarante; a das Achas, coas parroquias de Barcia de Mera, Campo e Fofe dependente do conde de Salvaterra, e a de Sobroso que afectaba á parroquia de Casteláns. Constitucionalmente créase o concello en 1836 con trece parroquias, ás que se engadiría de seguido a de Prado de Canda, adscrita inicialmente ó concello da Cañiza, dentro da proposta establecida para o daquela existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo.
Institución arquivística Arquivo municipal de Covelo
Historia arquivística A casa do concello é unha edificación en pedra, que logo da reforma dos anos 1985-1987 conta cunha planta baixa, ocupada polo xulgado de paz, biblioteca e outros servizos; unha primeira planta onde se dispoñen as oficinas municipais e a Alcaldía, e unha segunda habilitada como salón de sesións. Finalmente, na estructura baixo a cuberta dispúxose o local de arquivo municipal e do xulgado de paz, con espacios anexos, usados como almacén. A superficie total do baixo cuberta, superior ós cento trinta metros cadrados, foi no seu día adecuada para instalar o arquivo municipal, acometéndose en 1992 as reformas necesarias, separando as zonas de almacén e arquivo; unha boa parte foi destinada exclusivamente a arquivo municipal, con sesenta e catro metros cadrados, unha altura media de tres metros e dúas ventás para facilitar a súa ventilación e iluminación natural, e con medidas de illamento térmico. Ademais foi dotado das instalacións necesarias para dispor a documentación, con preto de cen metros lineais de estantería metálica, ficheiro e mesa de traballo. Conseguiuse así unha mellora considerable das condicións de local, ó que só se lle pode obxectar a súa situación, lonxe das oficinas. A organización da documentación conservada no arquivo do concello de Covelo é asumida polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1992, establecendo como obxectivos prioritarios mellorar o local do arquivo e dotar de instrumentos descritivos un fondo escaso pero practicamente organizado. Acometéronse dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, nos anos 1995, 1999, 2002, 2005, 2009 e 2011, 2013 e 2014. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Rosana Alonso Comesaña José Luis Bustelo Rodríguez José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira Manuela González Rey María del Carmen Pereira Pazos Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María del Pilar Rosales Vázquez María Teresa Túñez Landín Ana María Valles Castro Iñaki Varela Pérez Julio Rafael Pereira Bernárdez Roberto Rodríguez Álvarez Alberto Aramburu García-Pintos Francisco Orge Ventín Lara María Moldes González Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Como se deduce do volume documental conservado, a pesar do coidado actual e das actuación dos últimos anos, foron moitas as perdas producidas, especialmente destacadas nas actas do Concello, que non van máis alá de 1901, faltando polo tanto todas as correspondentes ó século XIX, coa conseguinte perda dunha valiosísima fonte de información. Si se conservan en cambio as actas da Xunta Municipal de Asociados dende 1873 a 1924 e as doutros órganos colexiados de goberno como a Comisión Municipal Permanente ou as diferentes xuntas , destacando a de Sanidade, dende 1889 a 1958, ou a Xunta Pericial, dende 1901 a 1965. A pesar de contar con testemuños documentais dende 1809 a maior parte do fondo corresponde ó século XX e as seccións de Facenda, derivadas do control e xestión presupostaria, e de Servizos, principalmente relacionadas coas subseccións de obras e urbanismo, poboación e quintas e milicias.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
Cadro de clasificación funcional 1ª División de función-subfunción GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos) GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais GF001.F0005 PATRIMONIO GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF084 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Administración local Arquivo administrativo España Galicia Pontevedra Covelo
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Covelo
Nome dos puntos de acceso Concello de Covelo (Tema) (Creador)