Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36013.AM.COV.2..GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s) 1901-2009 (Creación)
Volume e soporte 26 unidades de instalación; 139 agrupacións documentais; 2746 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Covelo(1836-2015) O concello de Covelo sitúase na comarca do Paradanta, no límite coa provincia de Ourense e integrado hoxe no partido xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 124 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en ll6 entidades de poboación e catorce parroquias: Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Santiago de Covelo, Santa Mariña de Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado e Prado da Canda. Historicamente formou parte da provincia de Tui, integrado por diferentes xurisdiccións: a de Covelo, dependente do conde de Amarante; a das Achas, coas parroquias de Barcia de Mera, Campo e Fofe dependente do conde de Salvaterra, e a de Sobroso que afectaba á parroquia de Casteláns. Constitucionalmente créase o concello en 1836 con trece parroquias, ás que se engadiría de seguido a de Prado de Canda, adscrita inicialmente ó concello da Cañiza, dentro da proposta establecida para o daquela existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo.
Institución arquivística Arquivo municipal de Covelo
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Covelo (Tema) (Creador)