Fondos
- S0020. Libro de actas de sesións do Pleno 
Libro de actas de sesións do Pleno
Área de identificación
- Código(s) de referencia ES.GA.36013.AM.COV.2..GF001.F0001.SF003.S0020 
- Título Libro de actas de sesións do Pleno 
- Data(s) 1901-2010 (Creación) 
- Volume e soporte 9 unidades de instalación; 38 agrupacións documentais; 2642 rexistros 
Área de contexto
- Nome do produtor Concello de Covelo(1836-2015) O concello de Covelo sitúase na comarca do Paradanta, no límite coa provincia de Ourense e integrado hoxe no partido xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 124 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en ll6 entidades de poboación e catorce parroquias: Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Santiago de Covelo, Santa Mariña de Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado e Prado da Canda. Historicamente formou parte da provincia de Tui, integrado por diferentes xurisdiccións: a de Covelo, dependente do conde de Amarante; a das Achas, coas parroquias de Barcia de Mera, Campo e Fofe dependente do conde de Salvaterra, e a de Sobroso que afectaba á parroquia de Casteláns. Constitucionalmente créase o concello en 1836 con trece parroquias, ás que se engadiría de seguido a de Prado de Canda, adscrita inicialmente ó concello da Cañiza, dentro da proposta establecida para o daquela existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo. 
- Institución arquivística Arquivo municipal de Covelo 
Área de contido e estrutura
- Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . 
 Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
- Organizació - F0001 Función SF003 Subfunción S0020 Serie 
Ãrea de notas
- Nota 
Puntos de acceso
- Puntos de acceso de topónimos 
- Nome dos puntos de acceso Concello de Covelo (Tema) (Creador) 
 
 