ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.792
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Expediente remitido pola Axencia de Protección da legalidade urbanística de denuncia de construción de alpendre agricola (2011-2013)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36032.AM.MOR.2.GF002.F0007.SF086.SF090.S0695.2.929/22

  • Título Expediente remitido pola Axencia de Protección da legalidade urbanística de denuncia de construción de alpendre agricola (2011-2013)

  • Data(s) 2011-2013 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moraña(1836-2015) O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moraña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente remitido pola Axencia de Protección da legalidade urbanística de denuncia de construción de alpendre agrícola sobre solo rústico de especial protección, carecendo de autorización.
    Denunciante: Seprona e Servizo Provincial da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística.
    Denunciado: José Manuel Gamallo Pereira.
    Situación: A Picota, paraxe Campo das Pozas, monte Acibal Amil (polígono 45, parcelas 571 e 572).
    Contén:
    - Copia da acta de denuncia inspección nº 2011-102812-00000035 do Seprona de Caldas de Reis por infracción á normativa urbanística e ordenación do territorio.
    - Copia do expediente da Axencia de protección da Legalidade urbanística nº MT107A 2011/184-4.
    - Copia da acta de inspección da Axencia de Protección da Legalidade urbanística nº 047-2011-058.
    - Copia da resolución do expediente de reposición da legalidade urbanística IU2/117/2011 de obras consistentes nunha edificación e peche de parcela no lugar de Picota.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición