Fondos
S0020. Libro de actas de sesións do Pleno
Libro de actas de sesións do Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36047.AM.ROD.3..GF001.F0001.SF003.S0020
Título Libro de actas de sesións do Pleno
Data(s) 1900-1993 (Creación)
Volume e soporte 8 unidades de instalación; 33 agrupacións documentais; rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Rodeiro(1836-2015) Esta área xeográfica formou parte da provincia de Lugo ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían , agás a de Salto, da xurisdicción de Camba, na que o señorío correspondía ó arcebispo de Santiago. A antedita parroquia de Salto dependía do señorío do Mosteiro de Oseira. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Guillar, Rodeiro, Camba e Carboentes; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Rodeiro, queda integrado polas actuais vinte parroquias, sen que se producisen modificacións na súa configuración ó longo dos anos de existencia.
Institución arquivística Arquivo municipal de Rodeiro
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.
Organizació
F0001 Función SF003 Subfunción S0020 Serie
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Rodeiro (Tema) (Creador)