ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente sesión de Pleno Ordinario 31/03/2016

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.18.444/4

  • Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 31/03/2016

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 180 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 31/03/2016. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 25 de febreiro de 2016. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de febreiro de 2016. 3. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 4. Toma de coñecemento da aprobación definitiva pola Xunta de Goberno Local do Orzamento Municipal para o exercicio 2016, ao abeiro do disposto na disposición adicional decimo sexta da Lei 27/2013, de 27 de decembro. 5. Aprobación, se procede, de cambio de uso de terreos para a construción de Escola Infantil en Vilaxoán, incluída no Plan Provincial de Obras e Servizos 2016. 6. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, solicitando a non subscrición de cretos con entidades bancarias que colaboren ou executen desafiuzamentos. 7. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para a limitación do tráfico pesado na Rúa anexa sinalada como "Praza da Estación". 8. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, solicitando a comparecencia dos concelleiros delegados das áreas de referencia para dar conta dos fondos que destina a Deputación de Pontevedra ás arcas municipais. 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU pola recuperación da Memoria Histórica. 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU de apoio a persoas migrantes e refuxiadas. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU sobre conmemoración 14 de abril, proclamación da II República. 12. Interpelacións. 13. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 14. Rogos e preguntas. 15. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición