ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.393
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.762

Expediente de solicitude de subvención á Axencia de Turismo de Galicia para mellora de accesibilidade do Menhir lapa de Gargantáns (2017)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36032.AM.MOR.2.GF001.F0006.SF076.SF077.S0600.2.953/1

  • Título Expediente de solicitude de subvención á Axencia de Turismo de Galicia para mellora de accesibilidade do Menhir lapa de Gargantáns (2017)

  • Data(s) 2017 (Creación)

  • Volume e soporte 1 agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Moraña(1836-2015) O territorio do Concello de Moraña sitúase no interior da provincia de Pontevedra E linda cos concellos de Campo Lameiro, Cuntis, Barro, Portas, Caldas de Reis e Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós corenta quilómetros cadrados con setenta e unha entidades de poboación dispersas nas súas nove parroquias: Amil, Cosoirado, Gargantáns, Lamas, Laxe, San Lourenzo de Moraña, Santa Xusta de Moraña, Rebón e Saiáns, nas que residen algo menos de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Peñaflor con señorío do conde de Graxal, coa excepción do couto de Amil, con señorío da marquesa de Vilar. No proceso de establecemento constitucional dos concellos neste territorio, integrado no partido xudicial de Caldas de Reis, chegaron a funcionar os concellos de Saiáns e Moraña. No ano 1836 créase o Concello de Moraña como entidade local independente, practicamente coa configuración actual.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Moraña

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente de solicitude de subvención á Axencia de Turismo de Galicia para mellora de accesibilidade do Menhir lapa de Gargantáns dentro do programa de apoio aos investimentos en información turística, accesibilidade e sinalización (TU501A 2017-42/4). Contén: - Anteproxecto (Febreiro 2017). - Expediente 58/2017 de contratación da obra. * Adxudicado a: EMDESFOR S.L. - Expediente 59/2017 de contratación do servizo de redacción de proxecto e dirección de obra. * Adxudicado a: María García Couto. - Autorización de Patrimonio Cultural 164/17. - Modificado do anteproxecto (agosto 2017). - Proxecto de sondaxes arqueolóxicas previas (agosto 2017). - Proxecto (setembro 2017).

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición