ATOPO
Rexistros actuais: 1.624.798
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

CONCELLO DE CRECENTE (FUNCIONAL)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36014.AM.CRE.2

  • Título CONCELLO DE CRECENTE (FUNCIONAL)

  • Data(s) 1694-2014 (Creación) 1885 - (Produción) - 2006 (Produción)

  • Volume e soporte 1.705 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade con 16.140 arupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Crecente(1836-2015) O concello de Crecente atópase no sueste da provincia de Pontevedra, a carón do río Miño, lindando con Portugal e coa provincia de Ourense. Ocupa unha superficie total de cincuenta e catro quilómetros cadrados, nos que se atopan 136 entidades de poboación nas que residen ó redor de 3.500 habitantes. No antigo réxime o actual término municipal de Crecente pertencía á provincia de Tui e estaba integrado en dúas xurisdiccións diferenciadas: a de Albeos, que incluía a parroquia do mesmo nome, con señorío do marqués da Sierra e a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior, que abarcaba o resto do territorio. Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial da Cañiza ata a súa desaparición e absorción polo de Ponteareas. Nos primeiros anos do século XIX funcionaban de forma irregular concellos propios en diferentes lugares, entre outros en Freixo, Filgueira, Crecente ou Albeos. No definitivo proceso constitucional de implantacións dos actuais concellos, rematado en 1836, xorden no Partido Xudicial da Cañiza os concellos de Crecente, A Cañiza, Covelo e Arbo. Creado no 1836 o concello de Crecente, integra dende o seu inicio as parroquias de Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar, non tendo modificacións importantes ata a actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Crecente

  • Historia arquivística A actual casa do concello de Crecente resulta da reforma levada a cabo no ano 1950, na que se procedeu ó derribo da anterior e a levantar unha construcción con baixo e planta, en pedra, que unificaba as antigas casas do concello e a escola de nenos e vivenda de mestres. Logo realizaríanse reformas nos anos 1961 e 1979 e finalmente na década dos noventa; foi nesta última cando se rehabilitou e acondicionou o espacio existente baixo cuberta, ben comunicado coa primeira planta na que están as dependencias municipais, tanto administrativas como a Alcaldía. Na planta baixa encóntrase hoxe a biblioteca municipal, o salón de sesións e o servizo de correos. Na superficie baixo cuberta distribuíronse dúas zonas simétricas, a cada lado da escalinata de acceso, destinándose toda a zona dereita para o arquivo municipal. Resulta un local, distribuído en tres salas intercomunicadas, cunha superficie total superior ós sesenta metros cadrados. O local foi reformado na súa totalidade, dotado de medios de illamento térmico e conta con dúas ventás nun lateral que permiten a súa ventilación e iluminación natural regulada. Procedeuse á instalación dos elementos necesarios para dispor os fondos, con estantería suficiente, ademais de mesa de consulta e o correspondente ficheiro metálico. Os fondos documentais do arquivo municipal de Crecente foron os primeiros en recibir un tratamento técnico específico dentro dos da comarca do Paradanta, por parte do Servizo Técnico do Patrimonio Documental da Deputación de Pontevedra no ano 1991. Dende entón téñense levado a cabo varias reincorporacións documentais, nos anos 1992, 1995, 1999, 2002, 2005, 2009 e 2011, na procura da súa actualización e adaptación ó sistema proposto a nivel nacional para a organización de arquivos municipais. Neste proceso acometeuse tamén a informatización dos seus instrumentos de descrición que permiten un axeitado manexo e accesibilidade a información contida neste arquivo. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Rosana Alonso Comesaña José Luis Bustelo Rodríguez José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira Juan Lorenzo García Sánchez Manuela González Rey María del Coro Lomas Lara Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Ana María Valles Castro Iñaki Varela Pérez Jorge Vidal López Alberto Aramburu García-Pintos Isabel Couso Bravo Francisco José Orge Ventín Antón Ulla Cobián Iria Chaves Moledo

  • Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O fondo documental, a pesares das deficiencias de conservación, presentaba un elevado nivel de organización, así como a conservación nas propias oficinas dunha gran parte do fondo e contaba incluso cun inventario da mesma. Sería no proceso da reforma da superficie baixo cuberta e do seu último traslado cando perdeu esta organización e derivou nun montón de expedientes e libros acumulados sen orden algún, o que dificultou enormemente o proceso definitivo de organización. Na súa maior parte corresponde ó século XX, aínda que se atopan series abundantes do século XIX e incluso algunhas escrituras de censo e de compravenda dos anos 1694 a 1888. Os órganos de goberno colexiados ven reflexadas as súas actuacións e decisións nas actas do Pleno, conservadas non sempre en bo estado dende 1843, faltando os anos 1836 a 1842, 1900 e de 1933 a 1935; as da Xunta Municipal conservadas corresponden ó período 1901 a 1924 e as da Comisión Municipal Permanente están completas dende 1924, coa excepción do período 1932 a 1948 no que non existiu. A elaboración e xestión das contas municipais está documentada dende 1844, e poden encontrarse documentos referidos ás quintas dende 1898. O resto da documentación producida na xestión administrativa e dos distintos servizos municipais non ten testemuñas máis ca do século actual. Como é habitual noutros arquivos consérvanse outros fondos documentais, relacionados neste caso coa mancomunidade do Condado, dende 1985, e coa do Paradanta, así como a documentación conservada do xulgado de paz.

  • Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.

  • Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.

  • Organizació

    Cadro de clasificación funcional
    
    1ª División de función-subfunción
    GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
    GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal
    GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello
    GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno
    GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia
    GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local
    GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas
    GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros
     GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos
    GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais
    GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime
    GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá
    GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos
    GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno
    GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
    
    GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama
    GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios
    GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos
    GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental
    GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia
    GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade
    GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais
    GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións
    GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC
    GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas
    
    GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras
    GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas
    GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos
    GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos
    GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións
    GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta
    GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial
    GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada
    GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación
    
    GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS
    GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos
    GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal
    GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo
    GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
    GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo
    GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais
    GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social
    GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento
    GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais
    GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal
    GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais
    
    GF001.F0005 PATRIMONIO
    GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens
    GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos
    GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta
    GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións
    GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes
    
    GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos
    GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto
    GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso
    GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento
    GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables
    GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria
    GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento
    GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros
    GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións
    GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos
    GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos
    GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais
    GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria
    GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público
    GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva
    GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas
    GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas
    GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira
    GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria
    GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións
    
    GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO
    GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE
    GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico
    GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística
    GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio
    GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF084  2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura
    GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
    GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros
    GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución
    GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína
    GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística
    GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas
    
    GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE
    GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural
    GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais
    GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas
    GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos
    GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade
    GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais
    GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades
    GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA
    GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio
    GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola
    GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira
    GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira
    GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal
    GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial
    GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística
    GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados
    GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego
    GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor
    GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte
    
    GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
    
    GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS
    GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación
    GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación
    GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais
    GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares
    
    GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER
    GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer
    GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais
     GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos
    GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer
    GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural
    
    GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN
    GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar
    GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios
    
    GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE
    GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde
    GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde
    GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social
    GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social
    GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade
    GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios
    GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade
    
    GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ
    GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública
    GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá
    GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas
    GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas
    GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas
    GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.

  • Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.

  • Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados.

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.

  • Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).

  • Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.

Área de notas

  • Nota O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.

Puntos de acceso

Área de control da descrición