ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36010.AM.CAT.2.GF001.F0001

  • Título 1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO

  • Data(s) 1878-2017 (Creación)

  • Volume e soporte 179 unidades de instalación; 1077 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Catoira(1836-2015) O concello de Catoira, situado na zona norte da costa pontevedresa, ó fondo da ría de Arousa, conta con 31,5 km2 de superficie correspondente a catro parroquias distintas nas que se atopan 29 entidades de poboación e algo máis de 3.500 habitantes. En etapas anteriores ó establecemento constitucional deste concello, as actuais parroquias de Abalo e Dimo formaban parte da xurisdicción de Cordeiro, adscrita ó arcebispado de Santiago, e as de Catoira e Oeste da xurisdición de Sobran, dependente do conde de Maceda. Nos períodos de vixencia constitucional anterior a 1836 non se contempla a existencia do concello de Catoira senón o de Dimo, estando ademais incluído este territorio no partido xudicial de Padrón ata que en 1822 pasa ó de Caldas de Reis. Na definitiva reforma do ano 1836 non se contemplaba a creación inicial deste concello pero a reclamación dos mordomos das catro parroquias ó xefe político conseguiu o establecemento dun concello propio con capitalidade en Catoira e integrado no partido xudicial de Caldas de Reis. Dende entón non se produciron variacións significativas neste concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Catoira

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En xeral o concello foi unha entidade con autonomía propia que foi perdendo fronte ao poder real, señorial ou eclesiástico; así foi pasando da asemblea veciñal ou do concello aberto a un cambio radical coa aparición de órganos alleos, coma os delegados reais: rexedores, correxidores, intendentes. Fronte a estes apareceron os xurados que representaban á comunidade e velaban polos seus intereses ó seren elixidos polos veciños. O rexemento estivo presidido polos alcaldes, máxima autoridade xudicial e administrativa da vila, elixido entre os membros do concello e ratificado polas autoridades supramunicipais. En caso de especial relevancia os reis podían mandar un representante para solucionar conflitos. No seu afán unificador e centralizador os Reis Católicos xeralizaron en todo o territorio a figura dos correxidores. A partir do século XVIII, incrementouse a participación popular coa figura dos deputados do común, destinados a vixiar os abastos, e do síndico persoeiro que defendía a poboación cando se sentía agraviada. Estes cargos eran habituais en poboacións de máis de dous mil habitantes e tiñan carácter anual ou bianual. Na etapa contemporánea son moitos os vaivéns na autonomía do goberno municipal, tanto nas funcións como no nomeamento dos órganos locais. Coa democratización dos concellos deixan de existir órganos supramunicipais (correxidores, xurados, intendentes..) persistindo outros como os alcaldes que acabaran perdendo as funcións xudiciais para afianzarse na organización administrativa do concello. A asemblea de goberno pasa de ser o concello aberto a un órgano de poder das elites locais para, de novo, derivar nun órgano colexiado, formado por concelleiros elixidos entre e polos veciños. Ao mesmo tempo xorden outros novos órganos colexiados como a Comisión Municipal Permanente (1924-1985), a Comisión de Goberno (1985-2004), a Xunta de Goberno Local (2005-), as Comisións Informativas, ou as Xuntas específicas de temáticas diversas entre as que destaca a Xunta Municipal de Asociados (1870-1924).

  • Organizació

    Grupo de Función: GF001.
    Función F0001
    1.1. ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións):
    
    SF0011.1.1.Formación e termo municipal
    SF0021.1.2. Constitución do concello
    SF0031.1.3.Pleno
    SF0041.1.4.Alcaldía. Presidencia
    SF0051.1.5.Xunta de goberno local
    SF0061.1.6.Comisións informativas
    SF0071.1.7.Xunta de portavoces
    SF0081.1.8.Comisións, Xuntas e Consellos
    SF0091.1.9.Grupos municipais
    SF0101.1.10.Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime ( Sen vixencia)
    SF0111.1.11.Participación cidadá
    SF0121..112.Creación, participación e disolución de organismos
    SF0131.1.13.Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos)
    SF0141.1.14.Políticas e programas de goberno
    SF0151.15.Comunicación, protocolo e relacións externas

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Catoira (Tema) (Creador)

Área de control da descrición