Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36901.AM.ILL.2.GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s) 1996 - 2024 (Creación) 2013 - (Produción) - 2023 (Produción)
Volume e soporte 47 unidades de instalación; 184 agrupacións documentais; 266 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Illa de Arousa(1996-2015) O concello da Illa de Arousa está situado no centro da ría de Arousa ó oeste da provincia de Pontevedra, conectado o continente por unha ponte de 2.000 metros de lonxitude.Ocupa unha superficie próxima ós sete quilómetros cadrados cun total de catorce entidades de poboación nunha única parroquia - San Xulián da Illa de Arousa - na que residen preto de cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a súa reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. No antigo réxime funcionou como couto, con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago, da orde de San Bieito. No período preconstitucional chegou a funcionar neste territorio o concello da Illa de Arousa. No proceso de establecemento constitucional dos concellos dentro do partido xudicial de Cambados, intégrase como parroquia do concello de Vilanova de Arousa, xunto con outras catro: Vilanova, Tremoedo, Baión e Caleiro. A segregación da Illa de Arousa para formar un concello independente, vella reivindicación veciñal dende o ano 1836, rematou definitivamente a finais de 1996.
Institución arquivística Arquivo municipal da Illa de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Illa de Arousa (Tema) (Creador)