ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36019.AM.FORN.2.GF001.F0001.SF0012

  • Título 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos

  • Data(s) 1895-2008 (Creación)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación; 36 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Fornelos de Montes(1870-2015) O territorio do concello de Fornelos de Montes, que se sitúa no leste da provincia de Pontevedra, limita coa provincia de Ourense, no concello de Avión, e cos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Covelo, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior. Ocupa unha superficie superior ós setenta e sete quilómetros cadrados, con vintecatro entidades de poboación dispersas nas súas sete parroquias: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín, nas que residen algo máis de dous mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX intégranse estas parroquias no concello de Soutomaior, na división artellada para o Partido Xudicial de Redondela. Como tal, o concello de Fornelos de Montes foi creado no ano 1870, con cinco parroquias segregadas do concello de Soutomaior: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe e Traspielas, logo de varios intentos que comezaron xa en 1842. Con posterioridade, nos inicios do século XX, creáronse dúas novas parroquias, segregadas da de Fornelos de Montes, aínda que se mantivo a mesma superficie territorial do concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Fornelos de Montes

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF012.
    1.1.12.Creación, participación e disolución de organismos
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0159SF01229Expediente de entidades locais menores
    S0160SF01230Expediente de irmandades, fundacións, empresas e outros
    S0161SF01231Expediente de xuntas parroquiais e veciñais
    S0162SF01232Consorcio de concellos
    S0163SF01233Expediente de mancomunidades
    S0164SF01234Expediente de áreas metropolitanas
    S0165SF01235Expediente da Xunta do Partido Xudicial
    S0166SF01236Rexistro da Xunta do Partido Xudicial
    S1037SF012Constitución do Consello Social
    S1060SF012Rexistro de actas do Consello Social e Económico
    S1061SF012Expediente de consellos municipais
    S1062SF012Expediente de organismos autónomos
    S1063SF012Rexistro de actas de organismos autónomos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Fornelos de Montes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición