ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36019.AM.FORN.2.GF002.F0007.SF086.SF090

  • Título 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística

  • Data(s) 1945-2011 (Creación) 1945 - (Produción) - 1973 (Produción)

  • Volume e soporte 9 unidades de instalación; 29 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Fornelos de Montes(1870-2015) O territorio do concello de Fornelos de Montes, que se sitúa no leste da provincia de Pontevedra, limita coa provincia de Ourense, no concello de Avión, e cos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Covelo, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior. Ocupa unha superficie superior ós setenta e sete quilómetros cadrados, con vintecatro entidades de poboación dispersas nas súas sete parroquias: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín, nas que residen algo máis de dous mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX intégranse estas parroquias no concello de Soutomaior, na división artellada para o Partido Xudicial de Redondela. Como tal, o concello de Fornelos de Montes foi creado no ano 1870, con cinco parroquias segregadas do concello de Soutomaior: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe e Traspielas, logo de varios intentos que comezaron xa en 1842. Con posterioridade, nos inicios do século XX, creáronse dúas novas parroquias, segregadas da de Fornelos de Montes, aínda que se mantivo a mesma superficie territorial do concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Fornelos de Montes

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0007
    Subfunción SF090.
    2.1.6.4.Protección da legalidade urbanística
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    S0695SF090Expediente de infraccións urbanísticas
    S0696SF090Declaracións responsables ou comunicacións urbanísticas
    S0697SF090Inspeccións técnicas de edificios
    S0698SF090Denuncias de hixiene de vivendas
    S0699SF090Limpeza de parcelas e solares
    S0700F090Restablecementos da legalidade urbanística
    S0701SF090Suspensións de obras
    S1052SF090Protección da legalidade urbanística

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Fornelos de Montes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición