ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.206
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

3.1.1. Rexistros de poboación

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36019.AM.FORN.2.GF003.F0010.SF110

  • Título 3.1.1. Rexistros de poboación

  • Data(s) 1930-2013 (Creación)

  • Volume e soporte 69 unidades de instalación; 137 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Fornelos de Montes(1870-2015) O territorio do concello de Fornelos de Montes, que se sitúa no leste da provincia de Pontevedra, limita coa provincia de Ourense, no concello de Avión, e cos concellos de Ponte Caldelas, A Lama, Covelo, Mondariz, Pazos de Borbén e Soutomaior. Ocupa unha superficie superior ós setenta e sete quilómetros cadrados, con vintecatro entidades de poboación dispersas nas súas sete parroquias: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe, Oitavén, Traspielas e Ventín, nas que residen algo máis de dous mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción de Soutomaior, con señorío do duque de Soutomaior. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX intégranse estas parroquias no concello de Soutomaior, na división artellada para o Partido Xudicial de Redondela. Como tal, o concello de Fornelos de Montes foi creado no ano 1870, con cinco parroquias segregadas do concello de Soutomaior: Calvos, As Estacas, Fornelos de Montes, A Laxe e Traspielas, logo de varios intentos que comezaron xa en 1842. Con posterioridade, nos inicios do século XX, creáronse dúas novas parroquias, segregadas da de Fornelos de Montes, aínda que se mantivo a mesma superficie territorial do concello.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Fornelos de Montes

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0010
    Subfunción SF110.
    3.1.1.Rexistros de poboación
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0887SF110Rexistro de nacementos
    S0888SF110Rexistro de matrimonios
    S0889SF110Rexistro de defuncións
    S0890SF110Censo de edificios e vivendas
    S0891SF110Cartas de veciñanza
    S0892SF110Certificacións de empadroamento, residencia e convivencia
    S0893SF110Matrículas de estranxeiros
    S0894SF110 Expediente de altas no padrón municipal de habitantes
    S0895SF110Expediente de baixas no padrón municipal de habitantes
    S0896SF110Expediente de cambios de enderezo no padrón municipal de habitantes
    S0897SF110Traballos preliminares para a confección do padrón municipal de habitantes
    S0898SF110Expediente de formación do padrón municipal de habitantes
    S0899SF110Follas declaratorias do padrón municipal de habitantes
    S0900SF110Cadernos auxiliares do padrón municipal de habitantes
    S0901SF110Padróns municipais de habitantes
    S0902SF110Rectificacións anuais do padrón municipal de habitantes

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Fornelos de Montes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición