Fondos
-
ES.GA.36007.AM.CAMP.2. CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO (FUNCIONAL)
GF001. 1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
-
F0003. 1.3. CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36007.AM.CAMP.2.GF001
Título 1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
Data(s) 1874-2017 (Creación) 1932 - (Produción) - 1999 (Produción)
Volume e soporte 943 unidades de instalación; 3480 agrupacións documentais; 3652 rexistros
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Campo Lameiro(1936-2015) Campo Lameiro sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra, limitando cos concellos de Pontevedra, Cotobade, A Estrada, Moraña e Cuntis. O territorio do concello ocupa un total de sesenta e catro quilómetros cadrados nos que hai trinta e dúas entidades de poboación onde residen ó redor de dous mil cincocentos habitantes. Forman o concello un total de seis parroquias: San Miguel do Campo, San Cristovo do Couso, Santa Mariña de Fragas, San Isidro de Montes, Santiago de Morillas e Santa María de Moimenta. No antigo réxime este territorio pertencía a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ó profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro.
Institución arquivística Arquivo municipal de Campo Lameiro
Área de contido e estrutura
Organizació
Grupo de Función: GF001. 1.-ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN Densenvólvese nas seguintes funcións: F0001 1.1.ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO F0002 1.2.ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA F0003 1.3.CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA F0004 1.4.RECURSOS HUMANOS F0005 1.5.PATRIMONIO F0006 1.6.RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Campo Lameiro (Tema) (Creador)