Fondos
-
ES.GA.36007.AM.CAMP.2. CONCELLO DE CAMPO LAMEIRO (FUNCIONAL)
SF092. 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural
2.2.1. Conservación e protección da contorna natural
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36007.AM.CAMP.2.GF002.F0008.SF092
Título 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural
Data(s) 1984-2016 (Creación)
Volume e soporte 11 unidades de instalación; 37 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Campo Lameiro(1936-2015) Campo Lameiro sitúase na marxe dereita do río Lérez, na zona central da provincia de Pontevedra, limitando cos concellos de Pontevedra, Cotobade, A Estrada, Moraña e Cuntis. O territorio do concello ocupa un total de sesenta e catro quilómetros cadrados nos que hai trinta e dúas entidades de poboación onde residen ó redor de dous mil cincocentos habitantes. Forman o concello un total de seis parroquias: San Miguel do Campo, San Cristovo do Couso, Santa Mariña de Fragas, San Isidro de Montes, Santiago de Morillas e Santa María de Moimenta. No antigo réxime este territorio pertencía a dúas xurisdiccións: a de Baños, dependente do arcebispo de Santiago, na que se integraban as parroquias de Couso, Montes, Morillas e Moimenta, e a de Campo e Fragas, con xurisdicción do marqués de la Sierra, formada polas propias parroquias de Campo e Fragas. Nas primeiras décadas do século XIX chegan a funcionar como concellos constitucionais durante os períodos liberais neste territorio os de Moimenta e o de Campo e Fragas. A partir do ano 1836, incluído no Partido Xudicial de Caldas de Reis, créase o concello constitucional de Campo, integrado polas seis parroquias actuais. Seguindo ó profesor D. Xosé Fariña Jamardo, cómpre sinalar que dende a súa creación ata a actualidade téñense producido dúas variacións dignas de seren reseñadas. Por un lado, entre 1869 e 1872, a perda dos lugares, inicialmente da parroquia de San Isidro de Montes, de Bugarín e Cuíña, que por petición veciñal, pasan a formar parte das parroquias de Santa Baia de Castro e San Tomé de Quireza, respectivamente, ámbalas dúas integradas no concello de Cerdedo. Por outra parte, complétase no ano 1907 a denominación do concello pasándose a partir dese momento a de Campo Lameiro.
Institución arquivística Arquivo municipal de Campo Lameiro
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0008 Subfunción SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural Desenvólvese nas seguintes series: S0708SF092Expediente de medio ambiente S0709SF092Plans de aforro enerxético S0710SF092Plans de protección do entorno S0711SF092Actividades de educación ambiental S0712SF092Consultas e queixas medioambientais S0713SF092Calidade das augas e das praias S0714SF092Comunicacións de queima S0715SF092Concesións de autorización de uso privativo de hortas urbanas S0716SF092Declaracións forestais S0717SF092Limpeza de cursos de auga S0718SF092Protección e control de flora e fauna S1071SF092Medicións meteorolóxicas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Campo Lameiro (Tema) (Creador)