ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

GREMIO DE MAREANTES

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26.

  • Título GREMIO DE MAREANTES

  • Data(s) Ss.XII-XIX (Creación) 1180 - 2018-09-28 (Produción)

  • Volume e soporte Catro caixas de arquivo. Pergameo e papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Historia arquivística A falta dun local específico para a custodia dos documentos que xeraba o gremio, ata o século XVII permaneceron dispersos baixo a tutela dos distintos vigairos e outros responsables deste. Inda que xa a finais do século XVI se fixera algún reconto de escrituras, non é deica 1676 cando se leva a cabo unha verdadeira iniciativa para reunir e facer inventario de todo o arquivo. Coa decadencia do gremio, foise tambaleando tamén a unidade do corpo documental. O labor dos eruditos de finais do século XIX como Casal ou Sampedro, que dende a Sociedade Arqueolóxica foron conscientes do interese de preservar unha parte importantísima da historia económica da cidade, impediu que o arquivo do gremio se dispersase e perdese definitivamente. Tras a chegada ó Museo de Pontevedra, D. Xosé Filgueira Valverde procedeu ó seu inventariado e catalogación en 1946

  • Forma do ingreso O arquivo de mareante está formado, se atendemos á súa procedencia, por dous grandes bloques. Dun lado está a parte procedente de D. Casto Sampedro, integrada na súa colección documental, adquirida pola Deputación en 1943 para o Museo, aínda que o propio Sampedro xa fixera depósitos dalgúns documentos en 1932. O outro gran bloque é o procedente do propio Gremio. Este tamén depositara no Museo algúns privilexios arcebispais ou outras escrituras por 1940

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O arquivo do Gremio procedente deste contén tanto documentos orixinais coma traslados ou copias. Fan referencia a todos os aspectos da organización do gremio e ó seu funcionamento interno; empezadon polos distintos privilexios arcebispais e as distintas ordenanzas polas que se rexía. Tamén ten documentación relacionada cos preitos que mantivo con outras comunidades mariñeiras por asuntos de pesca, coa construción das embarcacións, cos costumes do propio gremio, etc

  • Valoración, selección e eliminación Non se fixo expurgo da documentación

  • Novos ingresos Dende a súa adquisición, non se produciron novos ingresos

  • Organizació

    1. DOCUMENTACIÓN DO ARQUIVO
     1.1. TUMBO
     1.2. INVENTARIOS DE DOCUMENTOS
    
    2. DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA E DE GOBERNO
     2.1. PRIVILEXIOS
     2.1.1. Reais
     2.1.2. Arcebispais
     2.2. ORDEANZAS
     2.3. VISITAS E ESTADÍSTICAS
     2.4. ACTAS
     2.5. NOMEAMENTOS DE CARGOS DE REPRESENTACIÓN
     2.5.1. Vigairos
     2.5.2. Apoderados
     2.5.3. Procuradores
     2.6. REGULAMENTO DE PRÁCTICAS RELIXIOSAS
     2.6.1. Días feirados
     2.6.2. Festa do Corpus
     2.6.3. Outras solemnidades
     2.7. PRESTACIÓNS, EXACCIÓNS E EXENCIÓNS
     2.7.1. Barca
     2.7.2. Lume de San Miguel
     2.7.3. Portádego
     2.7.4. "Ruedas"
     2.7.5. Alcabalas
     2.7.6. Levas
     2.7.7. Aloxamentos
     2.7.8. Outros
     2.8. CONTAS
     2.9. DOCUMENTACIÓN XURISDICIONAL
     2.9.1. Ordes, mandatos e provisións de carácter xeral
     2.9.2. Participación de terrestres nas faenas do mar
     2.9.3. Pleitos e acordos cos mosteiros de Poio e Lérez
    
    3. ACTIVIDADE DO GREMIO
     3.1. CONSTRUCIÓN DE EMBARCACIÓNS E FLETAMENTOS
     3.2. PESCA
     3.2.1. Aparellos
     3.2.2. Litixios
     3.2.2.1. Con Combarro, Raxó e Samieira
     3.2.2.2. Con Sanxenxo e Portonovo
     3.2.2.3. Con Cantodarea e Marín
     3.2.2.4. Con Bueu
     3.2.2.5. Con Cangas e Aldán
     3.2.2.6. Con Baiona
     3.2.2.7. Coa Ría de Arousa
     3.3. MANIPULACIÓN E VENDA DO PEIXE
     3.3.1. Carga e descarga
     3.3.2. Salga
     3.3.3. Venda
     3.4. DISTRIBUCIÓN E BENEFICIOS
     3.5. CONSTRUCIÓN DA IGREXA DE SANTA MARÍA
    
    4. DOCUMENTACIÓN PERSOAL

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre

  • Condicións de reprodución Libre, previa solicitude por escrito excepto documentación en mal estado

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos A maioría atópase en soporte de papel, aínda que hai exemplares en pergameo de gran tamaño que precisan a súa garda en planeiros

  • Instrumentos de descrición Catálogo publicado por Xosé Filgueira Valverde

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais Hai referencias ó Gremio de Mareantes noutros arquivos e museos coma Arquivo do Reino de Galicia, o Museo Naval de Madrid ou o Arquivo da Catedral de Santiago. Tamén no Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra se atopan materiais do gremio

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición