Fondos
26/MEA-39. Libro Tumbo das Confrarías do Corpo Santo e de San Miguel (1464-1828)
Libro Tumbo das Confrarías do Corpo Santo e de San Miguel (1464-1828)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..1.1.26/MEA-39
Título Libro Tumbo das Confrarías do Corpo Santo e de San Miguel (1464-1828)
Data(s) 1464-1828 (Produción)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1464 - 1828 Libro Tumbo da Confraría de Mareantes do Corpo Santo e Confraría de San Miguel. 73 folios.. Papel. Forrado pergamino. Sen foliar. Sumamente deteriorado. Contén: Ingreso de confrades; actas de aprobación de contas; lista de débedas por conceptos; partidas de ingresos- actas de visitas ás capelas; relación e inventario de alfaias; traslado do "Impuesto de Ancoraje"; traslado da "Lume de San Miguel e Corpo Santo"; foros- testemuñas- etc.; notas dos Mordomos; "De salir a peñorar"; "De navíos forasteros". Exposto na vitrina da Sala de Mareantes. 15 de maio, 1464. "Los mareantes y Vicarios de la Cofradía de San Miguel disponen cierto pago por parte de los barcos que vinieren a la villa y la obligación de enterrar a costa de la Cofradía a los marineros y grumetes que murieren y no tuviesen medios. (Ordenanza suelta). Pontevedra. En casa de Domingos de Casgas. 15 de maio, 1464". Tumbo da Cofradía. 1512 Ordeanzas sobre gastos da Confraría de San Miguel. (Ordenanza solta). Tumbo da Confraría. Sinatura: MEA-39
Ãrea de notas
Nota Sinatura anterior: Gremio de Mareantes, G-4 E09 - Otros : Página múltiple.: 4, 12 E06 - Texto oculto: 87 Sinatura anterior: Gremio de Mareantes, G- 4 C
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)