Fondos
26/S/297. Ordeanzas dos vicarios do Corpo Santo feitas pola Xustiza e Reximento (1577)
Ordeanzas dos vicarios do Corpo Santo feitas pola Xustiza e Reximento (1577)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.2.26/S/297
Título Ordeanzas dos vicarios do Corpo Santo feitas pola Xustiza e Reximento (1577)
Data(s) 1577 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 1577 "Ordenanças de los bicarios del Corpo Santo hechas por la Justicia y Regimiento". "En la villa de Pontevedra a veinte días del mes de abril de mill e quinientas e setenta y siete". 11 folios. Van acompañadas dunhas "Hordenanzas que se compulsaron por otras que están en el Archivo del Ayuntamiento de esta billa de Pontevedra y esta es una copia [saca]da por las sobre dichas. Y es para gobierno de cómo se ha de marear en esta dicha ría y para las multas que se an de pagar". Letras do século XVIII. 8 folios- o último partido. As Ordeanzas de 1577 son as publicadas en Does., T. III, con eruditísima glosa de Sampedro. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-297
Ãrea de notas
Nota Sinatura anterior: Gremio de Mareantes, S-222 bis
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)