ATOPO
Rexistros actuais: 1.626.370
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.804

Fondos

Notificación de sentenza no preito entre as confradías da Trinidade e Santísimo Sacramento (1727)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.6.2.26/S/68

  • Título Notificación de sentenza no preito entre as confradías da Trinidade e Santísimo Sacramento (1727)

  • Data(s) 1727 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Pontevedra, 10 xullo, 1727. Notificación de sentenza do Provisor do Arcebispado de Santiago don Benito Antonio Fraiz Piñeiro no preito seguido entre as Confrarías da Trinidade e a do Santísimo Sacramento, de Santa María, e veciños do Arrabalde, sobre o lugar que ten que ocupar o Maiordomo Fabriqueiro de Santa María na procesión do Corpus. Absolve ao dito Maiordomo de Santa María e veciños do Arrabalde e declara deber ir "enmedio de las dos filas de eclesiásticos con su báculo o cetro en la mano, con la insignia del Santísimo Sacramento". 2 folios. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-68

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición