ATOPO
Rexistros actuais: 1.638.816
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.521

Certificación do permiso á danza de espadas para levar a imaxe da Virxe Branca (1703)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.6.3.26/S/67

  • Título Certificación do permiso á danza de espadas para levar a imaxe da Virxe Branca (1703)

  • Data(s) 1703 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Pontevedra, 13 de xuño, 1703
    Certificación de que no día da data os Vicarios do Arrabalde permitiron que a danza de espadas fose a levar a imaxe da Virxe Branca, por merced a algunhas persoas de autoridade e sen que fose "símil" ou precedente.
    ante o escribán Francisco Díaz de Castro.
    1 folio solto.
    Sinatura: Gremio de Mareantes, S-67

Área de notas

  • Nota E01 - Página manchada: 2, 3 E02 - Arrugas en el documento: 2, 3

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición