ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Certificado da petición de non interrución do cobro do portádego na vila (1809)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.7.3.26/S/181

  • Título Certificado da petición de non interrución do cobro do portádego na vila (1809)

  • Data(s) 1809 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 25 agosto, 1809. O escribán don José Tomás de Novasey Noboa certifica da petición elevada por Miguel Palmás- no nome da Confraría do Corpo Santo, para que non se interrumpiese o dereito da dita Conifraría e Dignidade Arcebispal de Santiago de percibir o portádego das portas da vila, en suspenso "con motivo de las violencias y estragos que han echo en este pueblo las tropas franceses". Con auto de proveído en favor do Arrabalde, e trasladado ao Alcalde e Xustiza Ordinaria da Vila. 1 folio. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-181

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición