ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.850
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Requerimento aos fregueses do pago de frutos e dezmos (1590)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.7.8.26/S/164

  • Título Requerimento aos fregueses do pago de frutos e dezmos (1590)

  • Data(s) 1590 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

  • Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido 1590 Requerimento de Juan González de Villarino, Procurador da Cámara Apostólica, en posesión do beneficio da igrexa de Pontevedra por falecimento do Licenciado Alonso de Vega, para que os fregueses acudan co pago de froitos e dezmos. Seguido de auto do Concello e notificación aceptada polos Vicarios. 2 folios. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-164

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)

Área de control da descrición