Fondos
ES.GA.36052.AM.SIL.2. CONCELLO DE SILLEDA (FUNCIONAL)
CONCELLO DE SILLEDA (FUNCIONAL)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36052.AM.SIL.2
Título CONCELLO DE SILLEDA (FUNCIONAL)
Data(s) 1854 - 2014 (Creación) 1924 - (Produción) - 2003 (Produción)
Volume e soporte 2.557 unidades de instalación; 14143 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Silleda(1836-) O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.
Institución arquivística Arquivo municipal de Silleda
Historia arquivística O arquivo municipal instalouse na planta baixo cuberta da propia casa do concello. Esta é unha sinxela edificación en pedra, situada no centro da vila á carón da estrada Santiago–Ourense, con baixo e planta, na que se instalan as oficinas e dependencias municipais e outros servizos do mesmo ámbito xeográfico coma o xulgado de paz. A estructura baixo cuberta ten o acceso mediante unha escaleira metálica interior dende a primeira planta, na que se atopan a maior parte das oficinas. Conta cunha superficie útil total de oitenta metros cadrados, divididos en múltiples habitáculos de escasas dimensións, condicionados pola estructura abufardada do conxunto. Do total da superficie da planta baixo cuberta unha zona está cedida ó xulgado de paz e outra dedicada a almacén dos materiais de oficina. Presenta en xeral este local, logo da última mellora, unhas aceptables condicións de habitabilidade e unha dotación de equipamentos suficiente para a instalación do fondo documental existente; en todo caso as deficiencia veñen da incomodidade do seu acceso e da excesiva parcelación interior do local. Combina na actualidade a estantería metálica e a de madeira, cun total de centro trinta metros lineais útiles. Conta con ficheiro pero carece de posibilidade de consulta no propio local. Este concello foi o primeiro da comarca do Deza no que se desenvolveron actuacións por parte do Servizo de Patrimonio Documental cara á organización do seu fondo documental. En 1988 levouse a cabo esta primeira organización, que se completaría máis recentemente, no ano 1995, cunha segunda fase tendente á reincorporación documental e á readaptación do proceso de clasificación adaptándose ó novo cadro de clasificación e a informatización dos instrumentos de descrición nos anos 1994, 1999, 2003, 2011 e 2015. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: María Josefa Piñón López María Jesús Abal Sabarís Juan Carlos Carballal Lata Ana María Casal Moreira Ana María Facal Meroñas Fernando de Frías Conde José Mario Gómez Penide José Ramón López Fernández Silvia Patiño Bouzas Inés Pájaro Porral José Luis Varela Ledo Jorge García García José Gago García-Brabo Alberto Aramburu García-Pintos
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A práctica totalidade do fondo documental que nos chegou elaborouse no século XX, sendo apenas testemuñais os documentos que se conservan de finais do XIX. Soamente un libro copiador de correspondencia do período 1863-1910 e un padrón xeral de veciños de 1885 recordan neste arquivo a existencia do concello con anterioridade á década dos anos vinte do presente século. Esto supón que non se teñan conservado documentos da importancia das actas do e a propia documentación do concello de Chapa, antes de 1853; ou que as actas do Pleno do concello de Silleda soamente existan dende 1922. Polo demais, repítese neste caso a estructura habitual dos arquivos da nosa provincia. A metade das unidades documentais conteñen documentos ou expedientes da sección de Facenda, con especial referencia, polo tanto, á xestión presupostaria dende 1923, ou á recadación de taxas, arbitrios e impostos diversos. A sección Servizos supón o trinta e tres por cento do total, a maior parte refírese ás obras municipais e dos particulares, con testemuños dende 1924; así como as quintas, tamén dende 1924, sanidade, educación, poboación e mais eleccións. Finalmente, consérvase a documentación das seccións de Administración , que supón o catorce por cento do total, e de Goberno, que alcanza o tres por cento, nas que como documentos de especial interese atopamos as actas dos órganos colexiados do presente século e incompletas, xunto coa documentación producida polo Alcalde ou de referencia directa a este.
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Organizació
Cadro de clasificación funcional 1ª División de función-subfunción GF001 ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN GF001.F0001 ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO GF001.F0001.SF001 1.1.1. Formación e termo municipal GF001.F0001.SF002 1.1.2. Constitución do concello GF001.F0001.SF003 1.1.3. Pleno GF001.F0001.SF004 1.1.4. Alcaldía. Presidencia GF001.F0001.SF005 1.1.5. Xunta de goberno local GF001.F0001.SF006 1.1.6. Comisións informativas GF001.F0001.SF007 1.1.7. Xunta de voceiros GF001.F0001.SF008 1.1.8. Comisións, Xuntas e Consellos GF001.F0001.SF009 1.1.9. Grupos municipais GF001.F0001.SF0010 1.1.10. Autoridades Supramunicipais do Antigo Réxime GF001.F0001.SF0011 1.1.11. Participación cidadá GF001.F0001.SF0012 1.1.12. Creación, participación e disolución de organismos GF001.F0001.SF0013 1.1.13. Actividade normativa (ordenanzas e regulamentos) GF001.F0001.SF0014 1.1.14. Políticas e programas de goberno GF001.F0001.SF0015 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas GF001.F0002 ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA GF001.F0002.SF016 1.2.1. Estrutura administrativa e organigrama GF001.F0002.SF017 1.2.2. Convenios GF001.F0002.SF018 1.2.3. Rexistro xeral de documentos GF001.F0002.SF019 1.2.4. Arquivo e xestión documental GF001.F0002.SF020 1.2.5. Xestión da información e transparencia GF001.F0002.SF021 1.2.6. Planificación e control de calidade GF001.F0002.SF022 1.2.7. Xestión da protección de datos persoais GF001.F0002.SF023 1.2.8. Xestión das comunicacións GF001.F0002.SF024 1.2.9. Xestión das aplicacións TIC GF001.F0002.SF025 1.2.10. Actuacións xurídico-administrativas GF001.F0003 CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA GF001.F0003.SF026 1.3.1. Contratación de obras GF001.F0003.SF027 1.3.2. Contratación de concesión de obras públicas GF001.F0003.SF028 1.3.3. Contratación de xestión de servizos públicos GF001.F0003.SF029 1.3.4. Contratación de servizos GF001.F0003.SF030 1.3.5. Contratación de subministracións GF001.F0003.SF031 1.3.6. Contratación mixta GF001.F0003.SF032 1.3.7. Contratación especial GF001.F0003.SF033 1.3.8. Contratación privada GF001.F0003.SF034 1.3.9. Procedemento de contratación GF001.F0004 RECURSOS HUMANOS GF001.F0004.SF035 1.4.1. Organización dos recursos humanos GF001.F0004.SF037 1.4.2. Selección de persoal GF001.F0004.SF038 1.4.3. Provisión de postos de traballo GF001.F0004.SF039 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo GF001.F0004.SF040 1.4.5. Xornada de traballo GF001.F0004.SF041 1.4.6. Permisos, licenzas, vacacións e asuntos persoais GF001.F0004.SF042 1.4.8. Sistema retributivo e previsión social GF001.F0004.SF043 1.4.8. Formación e perfeccionamento GF001.F0004.SF044 1.4.9. Seguridade e prevención de riscos laborais GF001.F0004.SF045 1.4.10. Réxime disciplinario e de control do persoal GF001.F0004.SF046 1.4.11. Relacións laborais GF001.F0005 PATRIMONIO GF001.F0005.SF047 1.5.1. Administración de bens e dereitos GF001.F0005.SF048 1.5.2. Adquisición de bens e dereitos GF001.F0005.SF049 1.5.3. Alteración da cualificación xurídica dos bens GF001.F0005.SF050 1.5.4. Uso de bens e dereitos GF001.F0005.SF051 1.5.5. Defensa de bens e dereitos GF001.F0005.SF052 1.5.6. Alleamento de bens e dereitos GF001.F0005.SF053 1.5.7. Permuta GF001.F0005.SF054 1.5.8. Expropiacións GF001.F0005.SF135 1.5.9. Deslindes GF001.F0006 RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055 1.6.1. Xestión do presuposto GF001.F0006.SF055.SF056 1.6.1.1. Plans e programas de investimentos GF001.F0006.SF055.SF057 1.6.1.2. Aprobación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF058 1.6.1.3. Modificación das presuposto GF001.F0006.SF055.SF059 1.6.1.4. Conta xeral e liquidación do presuposto GF001.F0006.SF055.SF060 1.6.1.5. Documentos contables de ingreso GF001.F0006.SF055.SF061 1.6.1.6. Documentos contables de pagamento GF001.F0006.SF055.SF062 1.6.1.7. Libros e rexistros contables GF001.F0006.SF055.SF063 1.6.1.8. Arqueos e xestión bancaria GF001.F0006.SF055.SF064 1.6.1.9. Financiamento GF001.F0006.SF055.SF065 1.6.1.10. Xestión de terceiros GF001.F0006.SF055.SF066 1.6.1.11. Obrigacións fiscais con outras administracións GF001.F0006.SF055.SF067 1.6.1.12. Participación en tributos supramunicipais GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF069.SF070 1.6.3.1. Impostos GF001.F0006.SF069.SF071 1.6.3.2. Taxas e prezos públicos GF001.F0006.SF069.SF072 1.6.3.3. Contribucións especiais GF001.F0006.SF069.SF073 1.6.3.4. Inspección tributaria GF001.F0006.SF069.SF074 1.6.3.5. Cobros de ingresos de dereito público GF001.F0006.SF069.SF075 1.6.3.6. Recadación executiva GF001.F0006.SF069.SF136 1.6.3.7. Competencias delegadas de xestión catastral GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF001.F0006.SF076.SF077 1.6.4.1. Subvencións recibidas GF001.F0006.SF076.SF078 1.6.4.2. Subvencións outorgadas GF001.F0006.SF068 1.6.2. Fiscalización económico-financeira GF001.F0006.SF069 1.6.3. Xestión tributaria GF001.F0006.SF076 1.6.4. Subvencións GF002 XESTIÓN DO TERRITORIO GF002.F0007 URBANISMO, OBRAS E MOBILIDADE GF002.F0007.SF079 2.1.1. Planeamento urbanístico GF002.F0007.SF080 2.1.2 Xestión urbanística GF002.F0007.SF081 2.1.3. Información do territorio GF002.F0007.SF082 2.1.4. Ordenación e uso da vía pública e mobilidade GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF002.F0007.SF083 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF084 2.1.5.1. Construción e mantemento de obras de infraestrutura GF001.F0007.SF086.SF085 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público GF002.F0007.SF086 2.1.6. Regulación das obras de particulares e de terceiros GF002.F0007.SF086.SF087 2.1.6.1. Licenzas e comunicacións urbanística GF002.F0007.SF086.SF088 2.1.6.2. Ordes de execución GF002.F0007.SF086.SF089 2.1.6.3. Declaracións de ruína GF002.F0007.SF086.SF090 2.1.6.4. Protección da legalidade urbanística GF002.F0007.SF086.SF091 2.1.6.5. Promoción da rehabilitación de vivendas GF002.F0008 SUSTENTABILIDADE E MEDIO AMBIENTE GF002.F0008.SF092 2.2.1. Conservación e protección da contorna natural GF002.F0008.SF093 2.2.2. Aproveitamentos naturais GF002.F0008.SF094 2.2.3. Subministracións básicas GF002.F0008.SF095 2.2.4. Xestión de residuos GF002.F0008.SF096 2.2.5. Control da salubridade GF002.F0008.SF097 2.2.6. Control de animais GF002.F0008.SF098 2.2.7. Regulación do impacto das actividades GF002.F0009 ORDENACIÓN E PROMOCIÓN DA ACTIVIDADE ECONÓMICA GF002.F0009.SF099 2.3.1. Abasto alimenticio GF002.F0009.SF100 2.3.2 Regulación da actividade agrícola GF002.F0009.SF101 2.3.3. Regulación da actividade gandeira GF002.F0009.SF102 2.3.4. Regulación da actividade pesqueira GF002.F0009.SF103 2.3.5. Regulación da actividade forestal GF002.F0009.SF104 2.3.6. Regulación da actividade industrial GF002.F0009.SF105 2.3.7. Regulación da actividade turística GF002.F0009.SF106 2.3.8. Regulación do comercio, as feiras e os mercados GF002.F0009.SF107 2.3.9. Fomento do traballo e o emprego GF002.F0009.SF108 2.3.10. Información e defensa do consumidor GF002.F0009.SF109 2.3.11. Control e xestión do transporte GF003 XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN GF003.F0010 POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS GF003.F0010.SF110 3.1.1. Rexistros de poboación GF003.F0010.SF111 3.1.2. Estatísticas e censos de poboación GF003.F0010.SF112 3.1.3. Procesos electorais GF003.F0010.SF113 3.1.4. Xestión dos servizos militares GF003.F0011 SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER GF003.F0011.SF114 3.2.1. Planificación dos servizos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF115 3.2.2. Xestión dos equipamentos culturais, do deporte e do lecer GF003.F0011.SF116 3.2.3. Actividades culturais GF003.F0011.SF117 3.2.4. Festas e espectáculos GF003.F0011.SF118 3.2.5. Actividades deportivas e de lecer GF003.F0011.SF119 3.2.6. Patrimonio cultural GF003.F0012 SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN GF003.F0012.SF120 3.3.1. Planificación e control escolar GF003.F0012.SF121 3.3.2. Xestión dos centros educativos propios GF003.F0013 SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE GF003.F0013.SF122 3.4.1. Planificación dos servizos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF123 3.4.2. Xestión dos equipamentos para o benestar e a saúde GF003.F0013.SF124 3.4.3. Promoción e protección da saúde GF003.F0013.SF125 3.4.4. Atención ao benestar social GF003.F0013.SF126 3.4.5. Vivenda social GF003.F0013.SF127 3.4.6. Cooperación e solidariedade GF003.F0013.SF128 3.4.7. Xestión dos servizos funerarios GF003.F0013.SF036 3.4.8. Igualdade GF003.F0014 SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ GF003.F0014.SF129 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública GF003.F0014.SF130 3.5.2. Actuacións dos corpos de seguridade e protección cidadá GF003.F0014.SF131 3.5.3. Control de persoas detidas GF003.F0014.SF132 3.5.4. Control de armas GF003.F0014.SF133 3.5.5. Control da circulación das persoas GF003.F0014.SF134 3.5.6. Corpos de autoprotección cidadá
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes
Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota Polas características propias da Institución, o Arquivo Municipal de Silleda exerce as funcións de arquivo central administrativo, arquivo intermedio e arquivo histórico.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Silleda (Tema) (Creador)