Fondos
26/S/141. Provisión para evitar as trabas ás descargas de peixe doutros lados da ría (1602)
Provisión para evitar as trabas ás descargas de peixe doutros lados da ría (1602)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.9.1.26/S/141
Título Provisión para evitar as trabas ás descargas de peixe doutros lados da ría (1602)
Data(s) 1602 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido 19 de outubro de 1602. Provisión de D. Pedro Manrique de Lara, Adiantado Maior da S. M. no Reino de Galicia, ao Alcalde e Reximento da vila de Pontevedra para que non poñan trabas á descarga de peixe cecial e sardiñas traídas dos Groves, Portonovo e outros lugares da Ría, para levar a Castela. Va iseguido de autos sobre aloxamentos, etc. 5 folios. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-141
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)