Fondos
26/S/62. Escrito de Juan Alonso de Espiño sobre cesión dos seus privilexios (1806)
Escrito de Juan Alonso de Espiño sobre cesión dos seus privilexios (1806)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..2.9.3.26/S/62
Título Escrito de Juan Alonso de Espiño sobre cesión dos seus privilexios (1806)
Data(s) 1806 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Vigo, 9 xuño, 1806. Escrito de don Juan Alonso de Espiño ao Abade e monxes do Mosteiro de Lérez sobre o cumprimento da Ordeanza de Matrículas de Mar de 12 de agosto de 1802, no referente á pesca en toda auga salgada, con referencia ao río Lérez, pedindo a cesión dos seus privilexios ao Gremio de Mar. 10 folios e 1 en branco. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-62
Ãrea de notas
Nota E01 - Página manchada: 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0 E02 - Arrugas en el documento: 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0, 0 E06 - Texto oculto: 0, 0
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)