Fondos
26/S/274. Solicitude de modificación disposicións de transmisión de embarcacións (1812)
Solicitude de modificación disposicións de transmisión de embarcacións (1812)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..3.1.26/S/274
Título Solicitude de modificación disposicións de transmisión de embarcacións (1812)
Data(s) 1812 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Pontevedra, 30 setembro, 1812. Os Vicarios, cabo de mar, patróns e matriculados dos portos do distrito de Pontevedra, solicitan do Comandante Xeral de Mariña do Departamento do Ferrol, a modificación das disposicións sobre transmisión de embarcacións. 2 folios. Sinatura: Gremio de Mareantes, S-274
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)