Fondos
26/G/18. Litixios con Baiona (1616-1800)
Litixios con Baiona (1616-1800)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.26..3.2.2.6.26/G/18
Título Litixios con Baiona (1616-1800)
Data(s) 1616-1800 (Produción)
Volume e soporte 2 follas
Área de contexto
Nome do produtor Gremio de Mareantes() O Gremio de Mareantes é sen dúbida o máis antigo e importante da historia de Pontevedra, convertendose nun preciso termómetro que reflectiu as épocas de esplendor e crises da Boa Vila ó longo da historia. Creado baixo a advocación da confraría do Corpo Santo, gozou de grande esplendor a finais da Idade Media e principios da Moderna, iniciándose logo unha decadencia paralela á mingua dos recursos marítimos e ó número de mariñeiros, pervivindo hoxe en día simplemente como congregación relixiosa. Froito da súa puxanza económica foi a construción da basílica de Santa María a Maior. No primeiro privilexio do rei Fernando II á vila no 1169 xa se fai mención a concesións de carácter marítimo. Os sucesivos privilexios reais e arcebispais, as ordenanzas, as sentenzas, etc., foron conformando a organización do Gremio, cuxos membros se concentraban fisicamente no barrio da Moureira, arrabal mariñeiro de Pontevedra
Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido [1616-1800] Litixios do gremio de Mareantes coa vila de Baiona. Contén: - [1700-1800]. Traslado da Real Provisión librada contra Martín Sánchez de Alcázar, Correxidor de Baiona. - 1616. Carta de poder e procuración de D. Álvaro Rodríguez Filgueira, párroco de Santa María, ao Vicario da Confraría do Corpo Santo para recoller carta executoria en autos que feitos polo Correxidor de Baiona. Sinatura: Gremio de Mareantes, G-18
Ãrea de notas
Nota Signatura anterior: Gremio de Mareantes, G- 18 bis
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Gremio de Mareantes (Tema) (Creador)