ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

2.2.2. Aproveitamentos naturais

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36014.AM.CRE.2.GF002.F0008.SF093

  • Título 2.2.2. Aproveitamentos naturais

  • Data(s) 1938-1991 (Creación)

  • Volume e soporte 4 unidades de instalación; 37 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Crecente(1836-2015) O concello de Crecente atópase no sueste da provincia de Pontevedra, a carón do río Miño, lindando con Portugal e coa provincia de Ourense. Ocupa unha superficie total de cincuenta e catro quilómetros cadrados, nos que se atopan 136 entidades de poboación nas que residen ó redor de 3.500 habitantes. No antigo réxime o actual término municipal de Crecente pertencía á provincia de Tui e estaba integrado en dúas xurisdiccións diferenciadas: a de Albeos, que incluía a parroquia do mesmo nome, con señorío do marqués da Sierra e a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior, que abarcaba o resto do territorio. Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial da Cañiza ata a súa desaparición e absorción polo de Ponteareas. Nos primeiros anos do século XIX funcionaban de forma irregular concellos propios en diferentes lugares, entre outros en Freixo, Filgueira, Crecente ou Albeos. No definitivo proceso constitucional de implantacións dos actuais concellos, rematado en 1836, xorden no Partido Xudicial da Cañiza os concellos de Crecente, A Cañiza, Covelo e Arbo. Creado no 1836 o concello de Crecente, integra dende o seu inicio as parroquias de Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar, non tendo modificacións importantes ata a actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Crecente

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0008
    Subfunción SF093
    2.2.2. Aproveitamentos naturais
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    
    S0719SF093Aproveitamentos de pastos e tráfico de gando
    S0720SF093Autorizacións de aproveitamentos forestais
    S0721SF093Autorizacións para a recollida de froitos
    S0722SF093Autorizacións de caza
    S0723SF093Cotos de caza

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Crecente (Tema) (Creador)

Área de control da descrición