ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36014.AM.CRE.2.GF003.F0014.SF129

  • Título 3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública

  • Data(s) 1964-2008 (Creación)

  • Volume e soporte 8 unidades de instalación; 27 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Crecente(1836-2015) O concello de Crecente atópase no sueste da provincia de Pontevedra, a carón do río Miño, lindando con Portugal e coa provincia de Ourense. Ocupa unha superficie total de cincuenta e catro quilómetros cadrados, nos que se atopan 136 entidades de poboación nas que residen ó redor de 3.500 habitantes. No antigo réxime o actual término municipal de Crecente pertencía á provincia de Tui e estaba integrado en dúas xurisdiccións diferenciadas: a de Albeos, que incluía a parroquia do mesmo nome, con señorío do marqués da Sierra e a de Crecente, con señorío do duque de Soutomaior, que abarcaba o resto do territorio. Dende 1834 estivo integrado no Partido Xudicial da Cañiza ata a súa desaparición e absorción polo de Ponteareas. Nos primeiros anos do século XIX funcionaban de forma irregular concellos propios en diferentes lugares, entre outros en Freixo, Filgueira, Crecente ou Albeos. No definitivo proceso constitucional de implantacións dos actuais concellos, rematado en 1836, xorden no Partido Xudicial da Cañiza os concellos de Crecente, A Cañiza, Covelo e Arbo. Creado no 1836 o concello de Crecente, integra dende o seu inicio as parroquias de Albeos, Ameixeira, Angudes, Crecente, Filgueira, O Freixo, Quintela, Rebordechán, Ribeira, Sendelle e Vilar, non tendo modificacións importantes ata a actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Crecente

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0014
    Subfunción SF129
    
    3.5.1. Seguridade cidadá e orde pública
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    
    S1004SF129Expediente de declaración de zona catastrófica
    S1005SF129Expediente de catástrofes
    S1006SF129Expediente de Protección civil
    S1007SF129Expediente de solicitude de subvencións de Protección Civil
    S1008SF129 Rexistro de Protección civil
    S1009SF129 Rexistro de voluntarios
    S1010SF129Expediente de Bombeiros
    S1011SF129Parque de Bombeiros
    S1012SF129 Plan especial de emerxencia municipal
    S1013SF129Programa de seguridade cidadá
    S1014SF129Autorización especial parala celebración de espectáculos e eventos

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Crecente (Tema) (Creador)

Área de control da descrición