Fondos
1.1.3. Pleno
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36039.AM.POR.2.GF001.F0001.SF003
Título 1.1.3. Pleno
Data(s) 1900-2002 (Creación)
Volume e soporte 40 unidades de instalación; 245 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello do Porriño(1836-2015) O territorio do concello do Porriño sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na comarca da Louriña, dentro do espacio natural do Baixo Miño. Linda cos concellos de Vigo, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós sesenta e un quilómetros cadrados, con cento trece entidades de poboación dispersas nas súas actuais oito parroquias: Atios, San Salvador de Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, O Porriño e Torneiros, nas que residen cáseque dezasete mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdicción do Porriño, dependente do conde de Salvaterra de Miño, agás Budiño con xurisdicción propia dos veciños. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estructura superficial. Con posterioridade, en 1904, créase a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.
Institución arquivística Arquivo municipal do Porriño
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Podemos atopar as seguintes series documentais: .- Libro de actas do Pleno O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal. .- Expedientes de sesións do Pleno Expediente que ten por obxecto a convocatoria e celebración da sesión do Pleno. Poden ser ordinarias e extraordinarias. Contén convocatorias, orde do día, borradores, etc. .- Mocións Recolle as proposicións que se fan ou suxiren nunha Xunta que delibera. Son unha proposta que se somete directamente a coñecemento do Pleno, sobre un asunto non comprendido na orde do día e que non ten cabida no punto de rogos e preguntas. Pode formularse por escrito ou oralmente.
Organizació
Función F0001 Subfunción SF003. 1.1.3. Pleno Densenvólvese nas seguintes series: S0018SF003 Expediente de sesións do Pleno S0019SF003 Mocións presentadas nos Plenos S0020SF003Libro de actas de sesións do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello do Porriño (Tema) (Creador)