ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Libro de actas de sesións do Pleno

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36039.AM.POR.2.GF001.F0001.SF003.S0020

  • Título Libro de actas de sesións do Pleno

  • Data(s) 1900-1999 (Creación)

  • Volume e soporte 13 unidades de instalación; 45 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello do Porriño(1836-2015) O territorio do concello do Porriño sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na comarca da Louriña, dentro do espacio natural do Baixo Miño. Linda cos concellos de Vigo, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós sesenta e un quilómetros cadrados, con cento trece entidades de poboación dispersas nas súas actuais oito parroquias: Atios, San Salvador de Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, O Porriño e Torneiros, nas que residen cáseque dezasete mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdicción do Porriño, dependente do conde de Salvaterra de Miño, agás Budiño con xurisdicción propia dos veciños. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estructura superficial. Con posterioridade, en 1904, créase a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo.

  • Institución arquivística Arquivo municipal do Porriño

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O libro de actas é un documento formal, en papel oficial foliado, dilixenciado de apertura e peche, que recolle as transcricións oficiais, legais e auténticas das distintas sesións do Pleno do concello, asinadas alo menos polo secretario e o Alcalde . Son un instrumento público solemne, que contén as actas estendidas polo Secretario para dar fe dos asuntos tratados e dos acordos adoptados nas sesións celebradas pola Corporación. O Pleno está integrado por todos os concelleiros e é presidido polo Alcalde. O número de concelleiros que haberá de elixirse para cada concello depende da poboación que habite no seu termo municipal.

  • Organizació

    F0001 Función
    SF003 Subfunción
    S0020 Serie

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello do Porriño (Tema) (Creador)

Área de control da descrición