Fondos
SF042. 1.4.7. Sistema retributivo e previsión social
1.4.7. Sistema retributivo e previsión social
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36052.AM.SIL.2.GF001.F0004.SF042
Título 1.4.7. Sistema retributivo e previsión social
Data(s) 1927-2008 (Creación)
Volume e soporte 45 unidades de instalación; 185 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Silleda(1836-) O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.
Institución arquivística Arquivo municipal de Silleda
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0004 Subfunción SF0042 1.4.7. Sistema retributivo e previsión social Desenvólvese nas seguintes series : S0338SF042Gratificación do persoal S0339SF042Retribución do persoal S0340SF042 Axudas de custo do persoal S0341SF042 Asistencia sanitaria e farmacéutica S0342SF042 Axuda social e axuda familiar S0343SF042Clases pasivas e pensións S0344SF042Rexistro de concesións de bolsas S0345SF042Expediente da MUNPAL S0346SF042Expediente da Seguridade Social S0347SF042Rexistro de asistencia sanitaria e farmacéutica S0348SF042Rexistro da MUNPAL S0349SF042Rexistro da Seguridade social S0350SF042Actas de inspección S0351SF042Rexistro de afiliación a seguros sociais S0352SF042Receita médica S0353SF042 Libro de actas de comisións de axuda familiar S0354SF042Relación de beneficiarios de subsidios familiares S0355SF042Libro rexistro de nóminas do persoal S0356SF042Expediente de prestación social S0357SF042Parte de nóminas de persoal S0358SF042Contas do habilitado S0359SF042 Expediente de liquidacións do IRPF S0360SF042 Expediente de liquidacións da Mutualidade S0361SF042 Expediente de liquidacións de seguros sociais S0362SF042 Anticipos reintegrables
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Silleda (Tema) (Creador)