Fondos
1.6. RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36052.AM.SIL.2.GF001.F0006
Título 1.6. RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS
Data(s) 1897-2010 (Creación) 1992 - (Produción) - 2001 (Produción)
Volume e soporte 1056 unidades de instalación; 2617 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Silleda(1836-) O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.
Institución arquivística Arquivo municipal de Silleda
Área de contido e estrutura
Organizació
Grupo de Función: GF001. Función: F0006. 1.-ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións): SF0551.6.1.Xestión do orzamento SF0561.6.1.1.Plans e programas de investimentos SF0571.6.1.2.Aprobación do presuposto SF0581.6.1.3.Modificación das presuposto SF0591.6.1.4.Conta xeral e liquidación do orzamento SF0601.6.1.5.Documentos contables de ingreso SF0611.6.1.6.Documentos contables de pagamento SF0621.6.1.7.Libros e rexistros contables SF0631.6.1.8.Arqueos e xestión bancaria SF0641.6.1.9.Financiamento SF0651.6.1.10.Xestión de terceiros SF0661.6.1.11.Obrigacións fiscais con outras administracións SF0671.6.1.12.Participación en tributos supramunicipais SF0681.6.2.Fiscalización económico-financeira SF0691.6.3.Xestión tributaria SF0701.6.3.1.Impostos SF0711.6.3.2.Taxas e prezos públicos SF0721.6.3.3.Contribucións especiais SF0731.6.3.4.Inspección tributaria SF0741.6.3.5.Cobros de ingresos de dereito público SF0751.6.3.6.Recadación executiva SF0761.6.4.Subvencións SF0771.6.4.1.Subvencións recibidas SF0781.6.4.2.Subvencións outorgadas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Silleda (Tema) (Creador)