ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.965
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.660

1.6.1.3. Modificación do presuposto

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36052.AM.SIL.2.GF001.F0006.SF055.SF058

  • Título 1.6.1.3. Modificación do presuposto

  • Data(s)

  • Volume e soporte

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Silleda(1836-) O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Silleda

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0006
    Subfunción SF058
    1.6.1.3. Modificación do presuposto
    
    Desenvólvese nas seguintes series:
    
    S0418SF058 Habilitación de crédito do presuposto xeral
    S0419SF058Modificación de crédito do presuposto xeral
    S0420SF058Modificación das bases de execución dos presupostos
    S0421SF058Recoñecemento extraxudicial de crédito
    S0422SF058Reintegro de presuposto corrente
    S0423SF058Suplemento de crédito do presuposto xeral
    S1043SF058Regularizacións do presuposto

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Silleda (Tema) (Creador)

Área de control da descrición