Fondos
-
SF083. 2.1.5. Xestión das obras da corporación municipal e de infraestrutura
-
SF085. 2.1.5.2. Construción e mantemento dos equipamentos municipais ou de uso público
S0669. Expediente de obras de centros escolares
-
245/2. Construción de escolas e vivendas de mestres en diferentes lugares do rural (1958-1962)
-
245/3. Construción de dúas vivendas para mestres en Saídres (1964-1966)
-
245/4. Planos de vivendas para mestres, segundo o plan de escolas rurais (1958)
-
246/1. Construción de dúas escolas e dúas vivendas de mestres en Cira (1964-1969)
-
246/3. Expediente para a creación do colexio libre adaptado de 2ª ensinanza masculina (1969)
-
246/4. Urbanización do colexio de EXB en A Bandeira (1976-1977)
-
247/1. Reparacións do colexio nacional de Silleda (1978-1981)
-
247/3. Solicitudes de subvención para reparar escolas de Parada e Moalde (1985)
-
247/4. Acondicionamento de antiga escola para unidade de preescolar en Escuadro (1985)
-
247/6. Ampliación de catro unidades de preescolar no colexio público de Silleda (1987)
-
247/9. Solicitude de casetas - refuxios para escolares a entidade bancaria (1985)
-
247/10. Solicitude de abono pola construción de 10 casetas- refuxios escolares (1985)
-
1.755/11. Presuposto para reforma da sala de caldeiras do colexio de A Bandeira (1991)
-
1.755/12. Solicitudes de arranxo na estrutura do Colexio público de A Bandeira (1995)
Expediente de obras de centros escolares
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36052.AM.SIL.2.GF002.F0007.SF083.SF085.S0669
Título Expediente de obras de centros escolares
Data(s) 1956-2002 (Creación)
Volume e soporte 5 unidades de instalación: 24 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Silleda(1836-) O concello de Silleda sitúase no norte da provincia de Pontevedra, dentro da comarca do Deza, limitando cos de Vila de Cruces, Lalín, Forcarei e A Estrada. Ocupa un amplo territorio, cun total de 159 km2, no que residen uns dez mil habitantes nas 249 entidades de poboación distribuídas que se contabilizan dentro das trinta e tres parroquias coas que conta o concello: Abades, Ansemil, Breixa, Carboeiro, O Castro, Cerbaña, Cira, Cortegada, Chapa, Dornelas, Escuadro, Fiestras, Grava, Lamela, Laro, Manduas, Margaride, Martixe, Moalde, Negreiros, Oleiros, Parada, Pazos, Piñeiro, Ponte, Refoxos, Rellas, Saidres, Siador, Silleda, Taboada, Vilar e Xestoso. Todo este espacio territorial pertencía no Antigo Réxime ás provincias de Lugo e Santiago, e estaba asignado a catro xurisdiccións distintas: a xurisdicción de Trasdeza, dependente do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Cira, dependente do conde de Altamira, dos mosteiros de Oseira e Aciveiro e mais do arcebispo de Santiago; a xurisdicción de Carboeiro, dependente do conde de Lemos e do mosteiro de San Martiño de Santiago e, por último, da xurisdicción de Deza, dependente do conde de Lemos, do cabido de Santiago e dos mosteiros de Oseira e Aciveiro. Estas dúas últimas pertencían á provincia de Lugo e as dúas primeiras á de Santiago. A comezos do século dezanove, no medio dos avatares políticos e dos sucesivos vaivéns administrativos previos á estabilización constitucional, funcionaron neste territorio os concellos de Grava, Escuadro, Breixa, Manduas, Laro, Lamela, Taboada e Silleda. A partir do Real decreto de 23 de xullo de 1835, na definitiva configuración dos diferentes concellos do Partido Xudicial de Lalín, nace o concello de Chapa. A capitalidade deste trasládase, xa no ano 1838, a Silleda provocando unha serie de queixas dos veciños de Chapa, Cira, Dornelas e Castro. Posteriormente, no ano 1853 prodúcese o definitivo cambio de denominación polo actual de Silleda.
Institución arquivística Arquivo municipal de Silleda
Área de contido e estrutura
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Silleda (Tema) (Creador)