ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente sesión de Pleno Ordinario 02/05/2016

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.18.445/2

  • Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 02/05/2016

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 230 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 02/05/2016. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 31 de marzo de 2016. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de marzo de 2016. 3. Toma de coñecemento dos informes de Intervención e Tesourería en virtude do disposto na Lei 15/2010 de 5 de xullo, de medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais (1º trimestre 2016). 4. Toma de coñecemento da Resolución da Alcaldía sobre liquidación do orzamento municipal correspondente ao exercicio económico 2015. 5. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 6. Aprobación se procede, de expediente de modificación orzamentaria por suplemento de crédito nº 02/SCF/2016 e de crédito extraordinario Nº 02/CE/2016. 7. Aprobación, se procede, do III Plan de Igualdade. 8. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG, para a mellora de comunicacións viarias en Trabanca Sardiñeira. 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG sobre a regularización catastral. 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para o arranxo da unitaria de Vilar - Bamio. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG de propostas de actividades para conmemorar o Día das Letras Galegas. 12. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal de EU, para que a contratación pública do concello inclúa criterios sociais e ambientais. 13. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal de EU sobre o dereito á sanidade. 14. Aprobación, se procede, da Moción presentada polo grupo político municipal do PSdeG-PSOE sobre universalización do dereito á asistencia sanitaria pública e recuperación do sistema público de sanidade. 15. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PP, para a implantación das sesións de control. 16. Comparecencia dos Concelleiros delegados de diversas áreas municipais para dar conta dos fondos que destina a Deputación de Pontevedra ás arcas municipais. 17. Interpelacións. 18. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 19. Rogos e preguntas. 20. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición