ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Expediente sesión de Pleno Ordinario 27/07/2017

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.1.1.5.18.451/1

  • Título Expediente sesión de Pleno Ordinario 27/07/2017

  • Data(s) 2017 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente. 130 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Expediente sesión de Pleno Ordinario 27/07/2017. Asuntos: 1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior de data 29 de xuño de 2017. 2. Toma de coñecemento dos Decretos da Alcaldía emitidos no mes de xuño de 2017. 3. Toma de coñecemento dos informes de morosidade previstos na Lei 15/2010 de 5 de xullo, de modificación da Lei 3/2004, de 29 de decembro (2º trimestre 2017) relativos ao Concello e á FPSDM. 4. Toma de coñecemento das solicitudes de subvención aprobadas pola Xunta de Goberno Local e presentadas na Deputación Provincial (Plan de Obras e Servizos 2017 - Liña 1 investimento - Liña 2 gasto corrente). 5. Toma de coñecemento da solicitude de participación cidadá presentada por parte de asociacións ou entidades en relación con un punto da orde do día que lle afecte directamente e posterior intervención a través dun único representante das mesmas. 6. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para a reclamación de mais persoal para o Hospital Comarcal. 7. Aprobación, se procede, da modificación do anexo de persoal e asignación de complemento específico aos postos vinculados á Brigada de Prevención de incendios forestais subvencionado polo convenio asinado coa Consellería do Medio Rural, da Xunta de Galicia. 8. Aprobación, se procede, de declaración de obras de especial interese ás promovidas pola Fundación Asilo-Hospitalillo para "Reforma da cuberta existente" no edificio do Asilo. 9. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do BNG para mellora da seguridade viaria e de humanización da zona de Rúa Pumariño, en Cornazo. 10. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE en relación co laboratorio comunitario de control de bivalvos. 11. Aprobación, se procede, da moción presentada polo grupo político municipal do PSG-PSOE sobre creación dun Xulgado Uniprovincial en materia de cláusulas abusivas hipotecarias. 12. Aprobación, se procede, da solicitude de comparecencia da Concelleira de Urbanismo (Dona Paola María Mochales), formulada polo grupo político municipal do PP sobre o proxecto "Itinerario accesible dende transporte público á Praza da Peixería". 13. Interpelacións ou control das decisións do grupo de goberno. 14. Mocións presentadas polos grupos políticos municipais por razóns de urxencia. 15. Rogos e preguntas. 16. Quenda de rogos e preguntas entre o público asistente á sesión.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición