ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.5. Xunta de goberno local

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36044.AM.PONCES.2.GF001.F0001.SF005

  • Título 1.1.5. Xunta de goberno local

  • Data(s) 1925-2017 (Creación)

  • Volume e soporte 37 unidades de instalación; 215 agrupacións documentais; 2710 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Pontecesures(1925-2018) O territorio do concello de Pontecesures sitúase norte da provincia de Pontevedra, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Padrón, A Estrada e Valga. Ocupa unha superficie total escasamente superior ós seis quilómetros cadrados con trece entidades de poboación e unha única parroquia: San Xulián de Pontecesures, na que residen algo menos de tres mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. Esta parroquia dependía daquela da xurisdicción de Padrón con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos a parroquia antes chamada de San Xulián de Requeixo foi integrada, dentro do conxunto do partido xudicial de Caldas de Reis, no concello de Valga. No ano 1822 chegou a funcionar o concello de Requeixo integrado por esta parroquia e a de Campaña. Esta situación mantense ata o mes de outubro do ano 1925, data na que se constitúe o concello de Pontecesures coa súa configuración actual, logo da súa previa constitución como entidade local menor.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Pontecesures

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recolle as series documentais deste órganos colexiados que representan a función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, con capacidade de decisión e de execución das competencias que lle delegan e os seus antecedentes (Comisión de Goberno e Comisión Permanente). .- Libro de actas da Comisión Municipal Permanente A Comisión Municipal Permanente é un órgano creado co Estatuto Municipal de 1924 e que desaparece no ano 1985. É unha serie pechada que ten, polo tanto, unhas datas extremas de iniciación 1924 e de finalización 1985. Neste intervalo temporal estas Comisións Municipais Permanentes foron suprimidas, excepto nos concellos de máis de 20.000 habitantes, polo Decreto do Ministerio da Gobernación de 16 de xuño de 1931 que revisa todas as disposicións da ditadura desde 1923 a 1931, e reposta pola Lei de Réxime Local de 1945, reaparecendo na maior parte dos concellos a partir de 1949. Esta lei estipula a obrigatoriedade deste órgano de goberno nos concellos de máis de 2.000 habitantes; finalmente desaparece coa Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, de 2 de abril. O libro é un documento simple, encadernado, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Libro de actas da Comisión de Goberno Órgano creado en 1985 e que desaparece coa entrada en vigor da lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno Local, substitúelle a Xunta de Goberno Local. A Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Libro de actas da Xunta de Goberno Local A Xunta de Goberno Local (lei 57/2003 de 16 decembro, de medidas para a modernización do Goberno Local) existe en todos os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando así o dispoña o seu regulamento orgánico ou así o acorde o Pleno do seu concello. Intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Expedientes sesións da Comisión Municipal Permanente. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión Municipal Permanente. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. .- Expedientes sesións da Comisión de Goberno. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. .- Expedientes sesións da Xunta de Goberno Local. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Xunta Local de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificación.

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF005.
    1.1.5.Xunta de goberno local
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0069SF005Expediente de sesións da Xunta de Goberno Local
    S0070SF005Libro de actas de sesións da Xunta de Goberno Local
    S0071SF005Expediente de sesións da Comisión de Goberno
    S0072SF005Libro de actas de sesións da Comisión de Goberno
    S0073SF005Expediente de sesións da Comisión Permanente
    S0074SF005Libro de actas de sesións da Comisión Permanente

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Pontecesures (Tema) (Creador)

Área de control da descrición