ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

1.1.5. Xunta de goberno local

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36059.AM.VILCRU.2.GF001.F0001.SF005

  • Título 1.1.5. Xunta de goberno local

  • Data(s) 1924-2014 (Creación)

  • Volume e soporte 55 unidades de instalacións;612 agrupacións documentais; 2964 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vila de Cruces(1836-) O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó Conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do Conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vila de Cruces

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Recolle as series documentais deste órganos colexiados que representan a función de asesoramento ao Pleno e ao Alcalde, con capacidade de decisión e de execución das competencias que lle delegan e os seus antecedentes (Comisión de Goberno e Comisión Permanente). .- Libro de actas da Comisión Municipal Permanente A Comisión Municipal Permanente é un órgano creado co Estatuto Municipal de 1924 e que desaparece no ano 1985. É unha serie pechada que ten, polo tanto, unhas datas extremas de iniciación 1924 e de finalización 1985. Neste intervalo temporal estas Comisións Municipais Permanentes foron suprimidas, excepto nos concellos de máis de 20.000 habitantes, polo Decreto do Ministerio da Gobernación de 16 de xuño de 1931 que revisa todas as disposicións da ditadura desde 1923 a 1931, e reposta pola Lei de Réxime Local de 1945, reaparecendo na maior parte dos concellos a partir de 1949. Esta lei estipula a obrigatoriedade deste órgano de goberno nos concellos de máis de 2.000 habitantes; finalmente desaparece coa Lei 7/1985 de Bases do Réxime Local, de 2 de abril. O libro é un documento simple, encadernado, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Libro de actas da Comisión de Goberno Órgano creado en 1985 e que desaparece coa entrada en vigor da lei 57/2003 de medidas para a modernización do Goberno Local, substitúelle a Xunta de Goberno Local. A Comisión de Goberno intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Libro de actas da Xunta de Goberno Local A Xunta de Goberno Local (lei 57/2003 de 16 decembro, de medidas para a modernización do Goberno Local) existe en todos os municipios con poboación superior a 5.000 habitantes e nos de menos, cando así o dispoña o seu regulamento orgánico ou así o acorde o Pleno do seu concello. Intégrase polo Alcalde e un número de concelleiros non superior ao terzo do número legal dos mesmos, nomeados e separados libremente por aquel, dando conta ao Pleno. O libro é un documento simple, habitualmente encadernado, en papel oficial, que recolle as actas das sesións celebradas nese período. Conta con dilixencia de apertura e de peche, coas súas follas numeradas. .- Expedientes sesións da Comisión Municipal Permanente. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión Municipal Permanente. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. .- Expedientes sesións da Comisión de Goberno. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Comisión de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificacións. .- Expedientes sesións da Xunta de Goberno Local. Contén o conxunto de expedientes tramitados como consecuencia da celebración de cada unha das reunións da Xunta Local de Goberno. Cada un deles está formado habitualmente pola orde do día da sesión, a convocatoria, a acta da sesión anterior, así como borradores das actas, acordos adoptados, documentos tratados no sesión e notificación.

  • Organizació

    Función F0001
    Subfunción SF005.
    1.1.5.Xunta de goberno local
    
    Densenvólvese nas seguintes series:
    
    S0069SF005Expediente de sesións da Xunta de Goberno Local
    S0070SF005Libro de actas de sesións da Xunta de Goberno Local
    S0071SF005Expediente de sesións da Comisión de Goberno
    S0072SF005Libro de actas de sesións da Comisión de Goberno
    S0073SF005Expediente de sesións da Comisión Permanente
    S0074SF005Libro de actas de sesións da Comisión Permanente

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vila de Cruces (Tema) (Creador)

Área de control da descrición