Fondos
-
ES.GA.36059.AM.VILCRU.2. CONCELLO DE VILA DE CRUCES (FUNCIONAL)
F0002. 1.2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
1.2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36059.AM.VILCRU.2.GF001.F0002
Título 1.2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
Data(s) 1892-2016 (Creación)
Volume e soporte 161 unidades de instalacións; 418 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vila de Cruces(1836-) O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó Conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do Conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vila de Cruces
Área de contido e estrutura
Organizació
Grupo de Función: GF001. Función F0002 1.2. ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA Densenvólvese nas seguintes 2ª Divisións de Función (Subfuncións): SF0161.2.1. Estrutura administrativa e organigrama SF0171.2.2.Convenios SF0181.2.3.Rexistro xeral de documentos SF0191.2.4.Arquivo e xestión documental SF0201.2.5.Xestión da información e transparencia SF0211.2.6.Planificación e control de calidade SF0221.2.7.Xestión da protección de datos persoais SF0231.2.8.Xestión das comunicacións SF0241.2.9.Xestión das aplicacións TIC SF0251.2.10.Actuacións xurídico-administrativas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vila de Cruces (Tema) (Creador)