Fondos
2.2.6. Control de animais
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36059.AM.VILCRU.2.GF002.F0008.SF097
Título 2.2.6. Control de animais
Data(s) 1957-2017 (Creación)
Volume e soporte 3 unidades de instalacións; 8 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vila de Cruces(1836-) O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes. Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó Conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do Conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944.
Institución arquivística Arquivo municipal de Vila de Cruces
Área de contido e estrutura
Organizació
Función F0008 Subfunción SF097 2.2.6. Control de animais Desenvólvese nas seguintes series: S0751SF097Expediente de sanidade veterinaria S0752SF097 Expediente de inspección veterinaria S0753SF097Censos de animais S0754SF097Libro rexistro de epizootias S0755SF097Libro rexistro de matanzas domiciliarias S0756SF097Libro rexistro do servizo veterinario S0757SF097Licenza de animais potencialmente perigosos S0758SF097Expediente sancionador de animais S0759SF097Rexistro de animais potencialmente perigosos S0760SF097Xestión da recollida de animais abandonados
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vila de Cruces (Tema) (Creador)