ATOPO
Rexistros actuais: 1.624.798
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36018.AM.FORC.2.GF001

  • Título 1. ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN

  • Data(s) 1841-2014 (Creación) 1901 - (Produción) - 2010 (Produción)

  • Volume e soporte 1995 unidades de instalación; 8002 agrupacións documentais; 12983 rexistros

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Forcarei(1836-2015) O concello de Forcarei enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 98 entidades de poboación dispersas en 165 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de 6.000 habitantes. Forman o concello actualmente un total de 13 parroquias: Aciveiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, A Madanela de Montes, Meavía, Millarada, Pardesoa, Pereira, San Miguel de Presqueiras, Santa Mariña de Presqueiras, Quintillán e Ventoxo. No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen todas as parroquias deste concello. Inicialmente no partido xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, funcionaban a finais do século XVII e primeiros do XIX de forma irregular os concellos de Millarada, Quintillán e Presqueiras. Na constitución definitiva dos concellos de 1836 establécese para o partido xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase cun total de once parroquias, ampliadas ás trece actuais pola creación de Santa María de Presqueiras en 1867, segregada da de San Miguel de Presqueiras; e a de Santa Mariña de Castrelo, en 1872 procedente do concello de Cerdedo. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868, e varios cambios de capitalidade e, incluso, de denominación pola de Soutelo de Montes no período 1858 a 1862.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Forcarei

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Grupo de Función: GF001.
    1.-ORGANIZACIÓN E ADMINISTRACIÓN
    
    Densenvólvese nas seguintes funcións:
    
    F0001 1.1.ACCIÓN E ÓRGANOS DE GOBERNO
    F0002 1.2.ORGANIZACIÓN E XESTIÓN ADMINISTRATIVA
    F0003 1.3.CONTRATACIÓN ADMINISTRATIVA E ASISTENCIA TÉCNICA
    F0004 1.4.RECURSOS HUMANOS
    F0005 1.5.PATRIMONIO
    F0006 1.6.RECURSOS ECONÓMICOS E FINANCEIROS

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Forcarei (Tema) (Creador)

Área de control da descrición