ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36018.AM.FORC.2.GF001.F0004.SF039

  • Título 1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo

  • Data(s) 1909-2006 (Creación) 1909 - (Produción) - 1978 (Produción)

  • Volume e soporte 6 unidades de instalación; 72 agrupacións documentais

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Forcarei(1836-2015) O concello de Forcarei enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 98 entidades de poboación dispersas en 165 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de 6.000 habitantes. Forman o concello actualmente un total de 13 parroquias: Aciveiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, A Madanela de Montes, Meavía, Millarada, Pardesoa, Pereira, San Miguel de Presqueiras, Santa Mariña de Presqueiras, Quintillán e Ventoxo. No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen todas as parroquias deste concello. Inicialmente no partido xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, funcionaban a finais do século XVII e primeiros do XIX de forma irregular os concellos de Millarada, Quintillán e Presqueiras. Na constitución definitiva dos concellos de 1836 establécese para o partido xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase cun total de once parroquias, ampliadas ás trece actuais pola creación de Santa María de Presqueiras en 1867, segregada da de San Miguel de Presqueiras; e a de Santa Mariña de Castrelo, en 1872 procedente do concello de Cerdedo. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868, e varios cambios de capitalidade e, incluso, de denominación pola de Soutelo de Montes no período 1858 a 1862.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Forcarei

Área de contido e estrutura

  • Organizació

    Función F0004
    Subfunción SF0039
    
    1.4.4. Prestación e finalización do servizo activo
    
    Desenvólvese nas seguintes series :
    
    S0326SF039Expediente de xubilación do persoal
    S0327SF039Expediente de cese do persoal
    S0328SF039 Expediente de excedencias do persoal
    S0329SF039Recoñecemento de servizos do persoal
    S0330SF039Expediente de sanitarios locais
    S0331SF039Expediente de presentación de sanitarios locais
    S0332SF039Expediente de saídas de sanitarios locais
    S0334SF039Expediente de permanencia no servizo activo

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Forcarei (Tema) (Creador)

Área de control da descrición