Fondos
GF003. 3. XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
3. XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36018.AM.FORC.2.GF003
Título 3. XESTION DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN
Data(s) 1822-2012 (Creación) 1939 - (Produción) - 2011 (Produción)
Volume e soporte 330 unidades de instalación; 2225 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Forcarei(1836-2015) O concello de Forcarei enclávase na Terra de Montes, no interior da provincia de Pontevedra; conta con 98 entidades de poboación dispersas en 165 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de 6.000 habitantes. Forman o concello actualmente un total de 13 parroquias: Aciveiro, Castrelo, Dúas Igrexas, Forcarei, A Madanela de Montes, Meavía, Millarada, Pardesoa, Pereira, San Miguel de Presqueiras, Santa Mariña de Presqueiras, Quintillán e Ventoxo. No antigo réxime intégrase este territorio na provincia de Santiago, dentro da diocese do mesmo nome, detentando o seu arcebispado a xurisdicción de Montes, á que pertencen todas as parroquias deste concello. Inicialmente no partido xudicial de Tabeirós, que logo pasará a denominarse A Estrada, funcionaban a finais do século XVII e primeiros do XIX de forma irregular os concellos de Millarada, Quintillán e Presqueiras. Na constitución definitiva dos concellos de 1836 establécese para o partido xudicial de Tabeirós un total de tres concellos: Forcarei, Cereixo (logo A Estrada) e Cerdedo. Créase cun total de once parroquias, ampliadas ás trece actuais pola creación de Santa María de Presqueiras en 1867, segregada da de San Miguel de Presqueiras; e a de Santa Mariña de Castrelo, en 1872 procedente do concello de Cerdedo. Ó longo destes séculos houbo varios intentos de fusión dos concellos de Cerdedo e Forcarei, especialmente en 1841 e 1868, e varios cambios de capitalidade e, incluso, de denominación pola de Soutelo de Montes no período 1858 a 1862.
Institución arquivística Arquivo municipal de Forcarei
Área de contido e estrutura
Organizació
Grupo de Función: GF003. 3- XESTIÓN DOS SERVIZOS E DA POBOACIÓN Densenvólvese nas seguintes funcións:: F00010 3.1.POBOACIÓN, ELECCIÓNS E QUINTAS F00011 3.2. SERVIZOS CULTURAIS, DEPORTIVOS E DO LECER F00012 3.3.SERVIZOS PARA A EDUCACIÓN F00013 3.4.SERVIZOS PARA O BENESTAR E A SAÚDE F00014 3.5.SEGURIDADE E PROTECCIÓN CIDADÁ
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Forcarei (Tema) (Creador)