ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

MÉNDEZ NÚÑEZ - MENDOZA BABIANO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.AMUPO.34.

  • Título MÉNDEZ NÚÑEZ - MENDOZA BABIANO

  • Data(s) 0186-00-00 - 2017-03-13 (Produción)

  • Volume e soporte Coarenta e dúas caixas de arquivo. Soporte en papel

Área de contexto

  • Nome do produtor Familia Mendoza Babiano()

  • Institución arquivística Arquivo Museo de Pontevedra

  • Historia arquivística Concha e María Mendoza Babiano y Méndez Nuñez mantiveron no seu palacete da avenida de Santa María case todo o arquivo familiar deica a súa morte. De forma moi fragmentaria foron facendo inventarios parciais da colección distintos bolseiros e persoal do Museo. O reconto total dos materiais levárono a cabo Mª Jesús Fortes Alén e, máis recentemente, Lara Rey Vázquez

  • Forma do ingreso A ligazón das herdeiras de D. Casto ó Museo (María foi vocal do Padroado), condicionou que esporadicamente fixesen doazóns de documentación á institución (1929, 1942, 1943, 1951, 1957). Ó morrer tamén sen descendencia o resto do seu arquivo, así como outras pertenzas, se incorporárono ó Museo no 1973. Outras pezas soltas engrosaron o arquivo grazas ás doazóns de D. Julio Guillén (1947) e de D. José González Robatto (1974)

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido O contido deste fondo é moi variado e está dividido en dúas partes; unha chamada “Méndez Núñez”, que consta de 25 caixas, e a outra denominada “Mendoza Babiano”, que ocupa 10. Nel atópanse dende documentos persoais e de administración de propiedades familiares ata libros de navegación de distintos barcos da Escuadra do Pacífico, notas profesionais de D. Casto Méndez Núñez e materiais da batalla de “El Callao”, incluíndo a felicitación da raíña Isabel II polo seu papel neste feito. Ademais hai unha parte do fondo dedicada á “Academia Compostelana de Jurisprudencia”

  • Valoración, selección e eliminación Non se fixo ningún expurgo

  • Novos ingresos Non se produciron

  • Organizació

    1. DOCUMENTACIÓN INDIVIDUAL
     1.1. CERTIFICADOS CIVÍS E ECLESIÁSTICOS
     1.2. CERTIFICADOS ACADÉMICOS
     1.3. HOMENAXES E CONDECORACIÓNS
     1.4. CERTIFICADOS DE PENSIÓNS
     1.5. CORRESPONDENCIA FAMILIAR E AMISTOSA
     1.6. NOMEAMENTOS E SERVIZOS
    
    2. DOCUMENTACIÓN DE FUNCIÓN
     2.1. FUNCIÓN MILITAR
     2.1.1. Oficial da Mariña
     2.1.1.1. Campaña de Filipinas
     2.1.1.2. Escuadra do Pacífico
     2.1.1.3. Correspondencia profesional
     2.1.2. Doutros membros da familia
     2.2. FUNCIÓN ADMINISTRATIVA
     2.2.1. Administración da Casa de Sotomayor
     2.2.1.1. Contas
     2.2.1.2. Correspondencia de administración
     2.3. ACADEMIA COMPOSTELÁ DE XURISPRUDENCIA
    
    3. DOCUMENTACIÓN PATRIMONIAL
     3.1. CONSTITUTIVOS DE PROPIEDADE E TRANSMISIÓN DE BENS
     3.1.1. Compra-Venda
     3.1.2. Trocos
     3.1.3. Doazóns, dotes e cesións
     3.1.4. Testamentos e Partillas
     3.1.5. Inventarios de bens
     3.2. ADMINISTRACIÓN DE PROPIEDADE
     3.2.1. Foros e arrendamentos
     3.2.2. Censos
     3.2.3. Acordos
     3.2.4. Poderes
     3.2.5. Contas, recibos e cartas de pago
     3.2.6. Apeos e prorrateos
     3.2.7. Preitos
     3.3. CORRESPONDENCIA ADMINISTRATIVA
    
    4. COLECCIÓNS FACTICIAS
     4.1. DOCUMENTOS TEXTUAIS
     4.1.1. Manuscritos de Méndez Núñez
     4.1.2. Recortes de prensa
     4.2. DOCUMENTOS FIGURATIVOS
     4.2.1. Fotografías

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Libre

  • Condicións de reprodución Libre, previa solicitude por escrito e agás materiais encadernados e en mal estado

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Soporte en papel. Libros de bitácora encadernados de gran tamaño Algúns diplomas e títulos están gardados en planeiros polas súas dimensións

  • Instrumentos de descrición Inventario no propio arquivo e publicado na revista do Museo

Área de documentación

  • Existencia e localización de orixinais É posible que haxa materiais relativos á batalla de “El Callao” no Museo Naval de la Marina, en Madrid

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Familia Mendoza Babiano (Tema) (Creador)

Área de control da descrición