Fondos
ES.GA.36008.AM.CAN.2. CONCELLO DE CANGAS (FUNCIONAL)
CONCELLO DE CANGAS (FUNCIONAL)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36008.AM.CAN.2
Título CONCELLO DE CANGAS (FUNCIONAL)
Data(s) 1746 - 2015 (Creación) 1822 - (Produción) - 2013 (Produción)
Volume e soporte 2372 unidades de instalación; 33709 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Cangas(1836-2015) O concello de Cangas está situado na costa pontevedresa, na península do Morrazo, limitando cos concellos de Bueu e Moaña e o Océano Atlántico. No antigo réxime o territorio que hoxe forma o concello de Cangas dependía dunha xurisdición do mesmo nome, con señorío do Arcebispado de Santiago e, no caso de Aldán, tamén da Marquesa de Vilar. No proceso de formación dos primeiros concellos constitucionais, nos primeiros anos do século XIX chegaron a constituírse os de Hío, Coiro e Cangas. Co gallo da división municipal emanada do R.D. de 23 de xullo de 1835, dentro do Partido Xudicial de Pontevedra, logo de varias propostas e modificación relativas ó número de parroquias que o debía formar, créase o actual concello de Cangas no ano 1836, formado por tres parroquias: “Vila de Cangas, Coiro e Darvo”, cun total de 1.138 veciños e 4.550 almas. Xa dende o primeiro momento houbo intentos por parte das parroquias de Hio e Aldán de segregarse do concello de Bueu, no que foran incluídas e integrarse no de Cangas. Houbo sucesivas peticións, especialmente en 1837 e 1844, pero non será ata 1873, na sesión de 28 de febreiro cando se acordo dita modificación. Por outra parte houbo intentos que non frutificaron de parte dos veciños de Coiro para segregarse e formar un concello propio. De todo elo xurdiu o actual concello de Cangas, formado por cinco parroquias, dispersas nos cáseque 40 quilómetros cadrados con 54 entidades de poboación.
Institución arquivística Arquivo municipal de Cangas
Historia arquivística A documentación do arquivo municipal de Cangas foi debidamente organizada, coa súa total clasificación e descrición no ano 1987 por parte do persoal do Servizo Técnico de Patrimonio Documental e Bibliográfico, dacordo co procedemento e cadro de clasificación usado daquela nos arquivos municipais da provincia. Resultaran máis de 1.781 unidades de instalación, instaladas en caixas de arquivo, e máis de 1.980 libros, que naquel proceso levaban una instalación e descrición diferenciada. Custodiábase daquela un importante volumen documental con notorias testemuñas do século dezanove: documentación de quintas dende 1790; dos orzamentos dende 1859; das obras municipais dende 1836; da contribución rústica dende 1841 e dos consumos dende 1818. En todo caso a maior parte do fondo, como é habitual pertence ó século XX e refírese a xestión contable e ó control da actividade urbanística dos particulares. Sucesivas disposicións físicas, traslados, carencia de espazos e outros avatares impediron ata o ano 2008, pese a reiterados intentos anteriores, iniciar o proceso de reorganización de acordo coa normalización iniciada no ano 1996 nos arquivos da provincia, adaptándose á proposta consensuada a nivel nacional. Nesta primeira actuación conseguíuse a incorporación de 2.119 unidades de instalación, correspondentes á práctica totalidade das licenzas de obras. No ano 2015 incorporáronse os libros de actas e os expedientes de patrimonio para a súa dixitalización, estando prevista a continuidade do proceso de reorganización, incorporación documental e informatización dos instrumentos de descrición para facilitar o seu manexo e consulta. Estes traballos, nas diferentes etapas, foron levados a cabo polo seguinte persoal: José Luis Castro Carpintero Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Elena Aguete Landín María Teresa Cimadevila Estévez Mª Jesús Nuñez Portela Leonor Rey Rey Lucía Campos Alonso Laura Pereira Ramilo Iria Chaves Moledo Isabel Couso Bravo Jose Manuel Alonso Riobó Antón Vázquez Escudero Oscar Pena Espiño José Ángel Reyes González Miguel Ángel Rocafort Ferradás
Forma do ingreso Por transferencia directa ó arquivo no remate da súa tramitación administrativa e coincidindo co seu escaso uso administrativo.
Área de contido e estrutura
Valoración, selección e eliminación A pesares da existencia de manuais e estudios de valoración e expurgo documental, tendo en conta a inexistencia dunha consistente argumentación técnica e legal, ademais da escaseza do fondo xa de por si conservado, a única eliminación levada a cabo foi a dos duplicados, fotocopias ou publicacións periódicas que acompañaban ós documentos e expedientes.
Novos ingresos Transferencias anuais incorporadas polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental.
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes.
Condicións de reprodución Reproducción libre a solicitude do interesado, coa salvidade da protección documental e da salvagarda da súa integridade.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos En soporte papel na súa totalidade, cun bo estado de conservación. Aprécianse notables perdas documentais.
Instrumentos de descrición Guía e cadro de clasificación en papel, publicados e informatizados. Inventario somero en papel,
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Non se coñece a existencia de orixinais fora do arquivo municipal.
Existencia e localización de copias Non se coñecen, agás naquela documentación derivada dun proceso de colaboración con outras administracións (eleccións, padróns de habitantes e de impostos...).
Unidades de descrición relacionadas Pola realidade administrativa do eido local podería atoparse documentación moi directamente relacionada co concello e as súas actividades en arquivos doutras administracións do seu ameto xeográfico, especialmente no Arquivo da Deputación Provincial e no Arquivo Histórico Provincial.
Ãrea de notas
Nota O arquivo do concello supón un sistema arquivístico simple, coa función de recoller, conservar e servir a documentación xerada no decurso da xestión administrativa nas oficinas do concello. Carece aínda dunha estructura propia e diferenciada que nos permita considerar a existencia dun arquivo na totalidade e amplitude do termo.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Administración local España Galicia Pontevedra Cangas
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Cangas
Nome dos puntos de acceso Concello de Cangas (Tema) (Creador)